a- Revisión da receta.

O meu proceso de aprendizaxe comezou na primeira sesión de materia, cando a profesora explicounos os contidos, as competencias que iamos desenvolver a través desta asignatura, a bibliografía básica, a metoloxía das clases e os métodos de avaliación, etc. Deste modo, a revisión dunha receta para a súa elaboración é a mesma, pois debemos ter en conta os ingredientes que imos necesitar, os electrodomésticos e utensilios para a súa realización, os coñecementos previos que deberiamos ter adquiridos na cociña, etc.

 

image

Recuperado de:http://www.hermanasbolena.com/2013/04/ya-estan-aqui.html

 

Así, tal e como indicamos previamente, para a realización dunha receta debemos ter nocións básicas sobre o ámbito da cociña, do mesmo modo que para poder estudar a materia de Tecnoloxía Educativa debemos ter bases sobre a pedagoxía e a educación obtida a través dos cursos académicos anteriores a este. 

 

A través do proceso de elaboración desta receta, fumos aprendendo os contidos desta asignatura, tendo en conta as sesións, as aportacións dos meus compañeiros y compañeiras nos seus blogs, etc. 

 

A maiores, cando queremos realizar unha receta, o primeiro que debemos realizar, a pesar de ser moi evidente, é pararnos e decidir cal de todas as recetas que temos á man queremos utilizar. Cos contidos da asignatura pasou algo similar, pois despois das diferentes exposicións realizadas pola profesora debiamos considerar que aspectos nos chamaron máis a atención, para posteriormente indagar máis neles e realizar as entradas en Stellae. 

 

 

 

    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC