b- Búsqueda de ingredientes.

Unha vez seleccionada a receta que imos realizar, é dicir, cada blogue realizado a través desta rede social, debemos ter en conta os ingredientes que temos e os que nos fan falta e temos que ir a buscar para poder realizar a receta a poñernos a cociñar. Cada vez que escribía un blogue tiña en conta:

- A bibliografía que xa tiña a man e que podía servirme para o tema tratado e que fun recollendo doutras materias desenvoltas ao longo do meu paso ata agora polo Grao de Pedagoxía. 

- Os meus coñecementos e experiencias propios a través de vivencias desenvoltas nos ámbitos persoais e profesionais. 

- A bibliografía que necesitaba buscar para a realización e redacción da entrada dependendo da temática da que fose o blogue. Xeralmente, trataba de buscar a información en fontes fiables como Dialnet, Google Académico, etc. 

As ideas dos meus primeiros blogues foron recollidas a través dos contidos que a profesora ía impartindo semanalmente, de modo que entradas como o Blog 1. O uso da tecnoloxía nas aulas: positivo ou negativo?, o Blog 2. O meu Personal Learning Environment (PLE), o Blog 3. O valor educativo nas series e o Blog 4. O valor educativo das redes sociais en tempos postfotográficos teñen un sentido máis introdutorio de conceptos traballados na aula se analizamos o noso fío condutor a través do cuatrimestre. Máis tarde este aprendizaxe irá evolucionando e formando o noso percorrido pola materia. 


image
Recuperado de: https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/ingredientes

 

    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC