c- Elaboración.

Ademais, unha vez recollidos todos estes ingredientes necesarios para a creación da nosa receta, debemos proceder á realización da comida que decidimos preparar a través dos pasos que son necesarios para a súa execución. De modo que, unha vez recollida toda a información necesaria para a creación dos blogues, trataremos de redactar a información que temos mediante as fontes seleccionadas e a nosa capacidade de xerar coñecemento e de usar as nosas propias experiencias como forma de xerar estes contidos. 


image
Recuperado de: https://www.hola.com/cocina/noticiaslibros/20200313162993/7-recetas-cocinar-1-dia-congelar-solucion-comida-quincena/

 

Esta fase de elaboración servirá como un procedemento co cal tamén aprenderemos e sentirémonos enriquecidos/as, pois no noso caso, o traballar na rede social de Stellae permite que sexamos capaces de desenvolvernos máis nas competencias dixitais e nas TIC á vez que nos documentamos moito mellor neste ámbito. Asemade, considero que a segunda metade dos meus blogues son máis reflexivos e centrados na creación de coñecemento facendo que cobre sentido o noso fío condutor. Entre eles: Blog 5. Qué consecuencias ten a brecha digital en épocas de confinamento por coronavirus?, Blog 6. A competencia dixital e Blog 7. Tecnoloxía e ciberbullying. 


 

    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC