d- Receta final.

Unha vez rematada a elaboración desta receta, obtemos o produto final. Este poderá ser degustado unha vez rematado e poderemos comprobar deste xeito se consideramos que seguimos dunha forma eficaz as directrices pautadas ao longo da súa execución ou non. Así, nós debemos ser críticos e ver se cremos que logramos unha aprendizaxe verdadeira nesta materia. 

 

De igual modo que nunha receta, a través da elaboración dos blogues realizados ao longo da materia de Tecnoloxía Educativa, puidemos apreciar a nosa evolución no aprendizaxe en competencia dixital no ámbito educativo, xa que a través da propia rede Stellae e dos coñecementos aportados nos diferentes blogues notamos unha evolución na creación de coñecemento e unha interiorización destes conceptos para poder usalos na nosa futura ocupación profesional. Exemplo disto é o meu Blog 8. Os retos da tecnoloxía educativa, donde podemos aprenciar a evolución na creación de aprendizaxe da que falábamos previamente, pois son entradas cada vez máis reflexivas e con unha maior aportación persoal. 

 

Asemade, a miña última entrada, Blog 9. Reflexión sobre o meu proceso de aprendizaxe arredor da materia de Tecnoloxía Educativa,  é unha conclusión final e máis persoal arredor de todo o tratado na materia, e pode ser un complemento da reflexión feita a través desta páxina. 

 

Gustaríame destacar que a pesar de que na receta seguimos uns pasos indicados, cada un e cada unha crean unha receta única diferente da dos e das demais, e de igual modo sucede co aprendizaxe, xa que a pesar de que todos e todas recibimos a mesma formación cada un/a a interioriza, a entende e a executa finalmente dun modo único. 

 

En definitiva, nunca debemos deixar de aprender novas recetas (contidos e aprendizaxes), e incluso, algunhas veces tratar de combinalas pode resultar exitoso, para poder despois engadilas no noso libro de cociña da vida. 

image

Recuperado de: https://www.ticbeat.com/salud/plato-comer-saludable-harvard/

 

    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC