b) Desenvolvemento: fío condutor e blogs destacados.

Última actualización de en Aroa Fiunte Blanco

Ao comezo desta materia estaba algo perdida xa que non empregara esta metodoloxía nunca. A rede Stellae foi unha ferramenta coa que traballamos ao longo deste cuadrimestre e unha alternativa diferente pero moi enriquecedora.

O primeiro dos blogs costoume moito escribilo pero pouco a pouco e analizando agora o meu proceso de aprendizaxe doume conta de que cada vez resúltame máis doado escribir e lévame menos tempo. A miña capacidade comunicativa e de escritura mellorou considerablemente e o gusto pola escritura volveu rexurdir xa que estaba en min algo esquecido.

O fío condutor de todos os meus blogs foi a Tecnoloxía e a integración da mesma na educación, e a través de escribilos fun adquirindo novos coñecementos e aumentando así a miña competencia dixital. Os blogs que mellor definen o meu curso e que me gustaría destacar son os seguintes:

Destaco este blog aínda que non sexa o que mellor está feito porque foi o primeiro que escribín e non me resultou para nada doado. A partir de aquí só tentei facelo da mellor maneira posible e iso vese reflexado ao longo de cada un dos meus blogs.

Á hora de escribilo e coa busca de información fíxome reflexionar acerca das tecnoloxías e do uso que se lle da actualmente na educación, é certo que poderíase aprender sen o emprego das TICs pero estaríamos caendo nun gran erro se lle désemos as costas xa que nos ofrecen miles de posibilidades e oportunidades. Iso si, empregándoas de forma correcta, polo que é preciso unha educación integral neste senso.

Neste blog coñezo máis en profundidade os termos reflexados no título xa que anteriormente non tiña moi claro o seu significado e as súas diferenzas. A educación aberta e o software libre son recursos moi apropiados para utilizar na educación xa que ofrecen numerosas alternativas tanto de busca de información, como maneiras de traballar e investigar.

Este post expón un termo moi interesante e que cobra grande importancia na Sociedade da Información na que vivimos: a multialfabetización.

Como expoño no blog, antes de cursar esta materia non tiña consciencia do termo PLE. A medida que o escribía dinme conta que precisaba unha renovación do meu Entorno Persoal de Aprendizaxe e que este nos serviría de gran axuda no noso día a día e na nosa formación como pedagogas e pedagogos, polo que non o podíamos desaproveitar. 

    Aroa Fiunte Blanco

    Aroa Fiunte Blanco

    Estudante de 3º de Pedagoxía na USC.