B. O meu proceso de aprendizaxe.

Última actualización de en Noelia Fernández

Os temas que expliquei nos meus blogs foron os propostos pola profesora, polo tanto á hora de falar dun fío conductor de todos os blogs, eu diría que sería a tecnoloxía en si, ou tecnoloxía educativa. Aínda así creo que hai blogs que están máis complementados con uns que con outros, por exemplo o meu primeiro blog sobre si é posible hoxe en día aprender sin tecnoloxía

(http://stellae.usc.es/rede/blog/view/4638/blog-1%C2%BFes-posible-hoy-aprender-sin-tecnologia-propuestas-de-formacion-con-tecnologia-%C2%BFpor-que-y-para-que-%C2%BFcon-que-enfoque-de-la-formacion-y-de-la-tecnologia) volvín a el no blog 5 pero dende outro enfoque, é dicir, centrándoo no coronavirus(http://stellae.usc.es/rede/blog/view/7010/blog-5-e-posible-aprender-hoxe-sen-tecnoloxiaversion-coronavirus). Con isto quero dicir que algo positivo que vin en min á hora de realizar os blogs é saber coller un tema xa proposto pero adaptalo de certa maneira á actualidade, que neste caso era o tema do confinamento.

Outro aspecto positivo que considero que levei a cabo é o de integrar nos blogs definicións de autores e explicacións teóricas e a miña propia opinión. Destacar que para min esta última é a máis importante xa que é o que fai que reflexione sobre cuestións que quizás antes non chegara a plantearme. Está claro que a parte teórica tamén é importante pero ao final das definicións acábome olvidando, neste caso isto é algo negativo xa que debería procurar centrarme máis na adquisición de conceptos e definicións.

Aspectos que aprendín con esta materia son, por exemplo, o concepto de PLE, a definición de software libre e software propietario, o que son as competencias dixitais, reflexionar sobre a importancia da tecnoloxía hoxe en día e sobre a brecha dixital e coñecer proxectos autonómicos de Galicia. Aspectos como estes nunca antes me parara a pensar sobre eles. Con respecto ao software, este é un término que escoito a miúdo pero que nunca souben con certeza o que era, e agora sei o que é e que tipos hai(libre, propietario, gratuíto, de pago, comercial), e tamén tiven que pensar sobre cal é o máis adecuado para unha educación e coñecemento aberto. http://stellae.usc.es/rede/blog/view/7535/blog-6-software-aberto-conecemento-aberto-software-libre-ou-pechado-e-propietario).

O blog da brecha dixital para min é un dos máis importantes xa que falo das desigualdades que hai entre uns fogares e outros con respecto ao equipamento, recursos e coñecementos tecnolóxicos, e isto ao final produce unha desigualdade na educación dos alumnos e alumnas, e ten que haber unha igualdade de oportunidades.

O blog sobre os proxectos autonómicos(http://stellae.usc.es/rede/blog/view/8420/blog-8-proxectos-autonomicos2apart) considero que é importante porque nel falei de proxectos autonómicos en Galicia e paréceme curioso que nacín aquí, en Galicia, e ata agora só coñecía o Proxecto Abalar e porque fun usuaria del. Isto último tamén me gustaría destacalo xa que a pesar de ser usuaria do Proxecto Abalar nunca busquei nada sobre el, e quen me ía decir a min, que seis anos despois de estar repartindo os ordenadores de Abalar aos meus compañeiros/as na clase, estaría escribindo un blog sobre as características e obxetivos deste proxecto.

Aspectos negativos, ou por decilo doutra forma, aspectos en proceso de ser positivos, son por exemplo que a pesar de saber o que é o PLE non incorporei novas ferramentas para ampliar o meu PLE, o mesmo sucede coas competencias dixitais. Supoño que igual que co PLE e as competencias dixitais con aspectos que xurdiron ao longo da materia e que non cheguei a profunizar neles o suficiente. Pero isto non significa que estea xa perdido, senón que espero seguir formándome en tecnoloxía xa que como mencionei nos meus blogs, a tecnoloxía hoxe en día é necesaria xa que está en todos lados polo que a solución non é darlle a espalda, senón abrirlle os brazos para comprendela e saber utilizala de maneira correcta para un bo uso educativo