1. Despegue e ascenso

Última actualización de en Paula Casais

O primeiro paso para iniciar o traxecto é despegar, levantar o avión da pista, e despois ascender e ir gañando velocidade e altura; tamén é o momento no que as/os azafatas/os explican as saídas de emerxencia e as normas. Isto representa o primeiro día de clase, cando a profesora nos explicou que metodoloxía íamos seguir e de que forma e este foi o momento no que creamos o noso perfil na rede social Stellae, que daba inicio á creación de blogs, comentarios e a relación entre compañeiros/as de forma dixital. Ademais, tivemos que decidir a temática de ditos blogs: de forma libre ou os temas que da a profesora. Elixín a temática libre porque daba pe á imaxinación, e ao falar de cousas que me interesan implicaríame máis; esta decisión na nosa metáfora sería o equivalente a cando decidimos se ir en primeira clase ou en turista, ou se queremos sentarnos no pasillo ou na xanela,

En relación aos blogs, esta etapa estaría representada no primeiro que fixen a raíz dun debate na aula “Tecnoloxía e educación: amigos ou inimigos?” (http://stellae.usc.es/rede/blog/view/4674/tecnoloxia-e-educacion-amigos-ou-inimigos), pois será a raíz do meu fío condutor, o punto de partida para realizar os seguintes e o que me aclarou sobre que temas quería afondar.