O meu voo

Última actualización de en Lara García Santamaría

Neste apartado pretendo analizar e reflexionar sobre todo o que fun adquirindo e mellorando sobre o meu paso por esta materia, Tecnoloxía Educativa. Ademais de comentar como foi a evolución dos meus blogs.

E considero oportunidade comezar isto cunha metáfora, pero non quero utilizar as míticas, dun camiño, un tren ou unha cesta valeira e outra a votar por fora. Pois eu considero que o meu aprendizaxe por esta materia foi un gran voo, pois comezou sendo un avión de papel ao principio, o cal é inestable, non ten coñecemento, consistencia, a medida que avanzaba o meu avión mellorou e converteuse nun avión de madeira, facendo así un voo un pouco máis estable aínda que con cousas por limar. Por último, considero que o meu percorrido foi en aumento e de maneira consistente por iso podo relacionalo cun avión totalmente estable e consistente para afrontar todo tipo de turbulencias, considerando todas estas, as pedras que te atopas no camiño do aprendizaxe para conseguir os obxectivos persoais que te propoñas.