A) Entrada a querer voar

Última actualización de en Lara García Santamaría

Está claro que non todos os comezos son sinxelos, e este non ía ser menos. O primeiro que tiven que facer foi aclarar as ideas na miña cabeza para poder crear o meu espazo é dicir o meu primeiro Blog, o cal consistía no meu propio PLE, Entorno Persoal de Aprendizaxe. Pois nunca tivera un e estaba repleta de dúbidas, pero eso sí nunca me arrepentirei de escoller o tema libre, pois grazas a isto puiden crear o meu espazo ao meu gusto e investigar sobre os temas que a min máis interese me suscitaba. Que se nos propuxera esta idea pareceume estupendo, pois nunca nos deixaran por así dicir “levar as rendas da materia”, poder ser nos os responsables de que era o que queríamos aprender e en que aspectos tocar en  profundidade.

Pois isto pódese observar en todos os meus blogs, fun tocando os temas que me suscitaban unha reflexión e tamén sobre a metodoloxía empregada na aula, pois cando podíamos asistir as clases, parecíame moi interesante a maneira que tiña a profesora de captar a nosa atención nas clases expositivas e facer que a participación fose activa, ou iso considero dende a miña perspectiva.