B) Manterse no voo

Última actualización de en Lara García Santamaría

Como se pode esperar, a pequenos pasos o noso voo, é dicir o noso proceso de aprendizaxe chega a un punto de estabilidade. Onde podemos manternos nunha liña, está é cando xa coñezo ben a plataforma, xa controlo máis sobre que temas quero tratar e a maneira de estruturar o meu portafolios, porque a maioría das temáticas son todas aspectos que vou sacando das clases tanto interactivas como expositivas.

A algunhas destas temáticas van relacionadas, conseguindo así unha orde con sentido a hora de visualizar o meu apartado na rede social, pero realmente todos os blogs foron feitos de maneira como ían sucedendo as cousas da maneira que se desenvolvía as clases.

Algúns dos blogs que fixeron que o meu voo se puidese manter no aire, xa que contribuíron de unha maneira moi forte no meu proceso de de aprendizaxe son: O blog 3: Todo é verdade na rede?  e o blog 5: Somos dunha determinada maneira na rede?, porque ambos contribuíron ao meu aprendizaxe tanto a nivel educativo como no persoal, percatándome de todo o que non coñecemos pero que realmente está aí, tanto bo como malo.