C) Aumentar o voo

Última actualización de en Lara García Santamaría

Por último e para dar remate a estas páxinas destacar que a utilización de esta plataforma, dunha maneira diaria, fixo que o meu voo aumentara con velocidade e conseguise manterse en niveis do ceo moi altos, conseguindo así que o meu aprendizaxe sempre siga en aumento aínda que non se descarte algunha baixa (fracaso), a hora de conseguir algúns obxectivos que me propoña.

Destacar como reflexión do meu aprendizaxe o Blog 10: O meu camiño nesta materia, pois aí tamén comento un pouco o meu paso por este voo, que considero que puido chegar ao aeroporto sen complicacións, aínda que sempre arrancar os motores costa e coller velocidade para manterse no voo sexa complicado.

Para rematar, considero importante seguir formando en Tecnoloxía Educativa, como futura profesional, teño unha visión e unha misión importante, controlar todos os ámbitos e este non ía ser menos, e como non xa o puidemos comprobar este ano, a falta que fai a formación e ser competentes tecnolóxicamente.