1. Xuño

Última actualización de en María Carballo Comentarios (1)
    • María Carballo
      María Carballo

      Xuño é comezo do verán, con el inícianse uns meses de incertidume baseados no desfrute e en vivir experiencias significativas. Da mesma forma que este mes eu embarcábame nesta asignatura, sen saber moi ben a dirección que seguiría. Unha nova metodoloxía e oportunidade para aprender. Dúbidas sobre que facer, do mesmo xeito que o verán, que dirección tomaría este mes? que dirección tería a miña aprendizaxe? 

       

      Ben, pois a dirección sería con diferentes blogs, o primeiro denominado como introdutorio intentado aclararme eu mesma con conceptos base para intentar interiorizar aspectos claves como sociedade de información e sociedade do coñecemento. Así mesmo denominei a esta primeira entrada: Sociedade da información e sociedade do coñecemento, un encrucillado de relacións.

       

      Sen saber moi ben a onde dirixirme igual que no verán cando queremos emprender unha aventura no  blog nº 2 de coñecer máis sobre o sexting,sen dúbida con un gran número de desvantaxes. 

       

      Que facer agora? Preguntábame, como calquera tarde de verán. Pois ben meterme de cheo no B- learningcomo meu blog nº 3 e na educación STEAM como nº4 . Ambas necesarias para facer fronte as transformacións que a comunidade educativa demanda para dar resposta ao cambio tecnolóxico constante en base a prácticas e habilidades para aprendizaxe. 

       

      Finalmente estes últimos días de xuño corresponderíanse coa miña 5º entrada  e tamén co momento da primeira avaliación, a entrada nº 5 denominada: Flipped Classroom, metodoloxía innovadora, pero eficaz. 

       

      Como todos os veráns gustaríame reseñar que existían días nos que estaba motivada e me apetecía facer actividades, visitar lugares e outros nos que prefería descansar, pero sempre como todo encontrando un equilibrio e sen perder o rumbo. Pois aínda que un día non se este motivada débese ter a constancia de que a disciplina prevalecerá.

       

       

       

    Navegación

    No se han creado páginas aún