2. Xullo

Última actualización de en María Carballo Comentarios (1)
    • María Carballo
      María Carballo

      Con xullo, o verán en plenitude os nosos amigos e amigas comezan a chegar de diferentes partes de España e do mundo. Créase unha nova rutina, xa non soa a alarma as 8:00 para erguerse para ir a universidade, unha nova organización asoma e con ela unha rutina a que encamiñarnos. 

      Isto vese dilucidado na materia, no momento que interiorizamos o que debemos facer e tomamos rumbo de forma autónoma. Con sesións expositivas e interactivas somerxémonos nela como se do mar se tratara. 

      Nestes días de creación cambiei o meu rumbo cara fenómenos sociais, globais neste mundo de interconexión. Así, tratei de afondar máis nos temas apoiándome en autores, nunha gran revisión documental con tempo lectura onde pasaban as horas como as tardes de verán en calma, coa miña mente centrada só no lido. Ademais, foi con estes blogs nos que empecei a desenvolver unha actitude máis crítica cuestionándome diferentes argumentacións e contrastando a información con outras fontes. Ao facer isto, suxíranme preguntas, cuestións que quizais non puideran ser resoltas, da mesma forma que en xullo te preguntas e agora que?, pero nas cales os meus compañeiros e compañeiras como se dos meus amigos de Madrid se tratara me daban a súa opinión da cal dende a diferenza se chegaba a converxer, entendendo que a riqueza e a diversidade son de gran valor. 

      Destaco de maneira especial o meu Blog nº 6: Tecnoglobalización, a revolución actual, pola profundización no mesmo. Deixándovos a continuación o enlace por se lle queredes botar unha ollada.  

      Sen dúbida, neste mes a personalización dos meus blogs foi crecendo en temas que realmente escoitaba ou lía e que máis tarde dedicaba a indagar e facer entradas sobre o mesmo. 

      Como non, co COVID- 19 así como podería ser un esguince na metade do verán fixo a necesidade de repensar, pensar e reinventarse. Tarefas relacionadas con este tema tan necesarias como actuais deixando ao descuberto a brecha dixital en todas as súas formas  (brecha de acceso, brecha de uso, brecha competencial). Vendo neste caso a cara positiva da moeda pero tamén as desigualdades e necesidade dun verdadeiro dominio da colectividade da competencia dixital. Pois como os helados no verán, endulzan as tardes pero senón se leva un control da súa inxesta, ninguén nos librará deses quilos de máis aos que deberemos porlle solución.

       Un mes ou meses no caso do aprendizaxe en Tecnoloxía Educativa sen dúbida de alto rendemento, de aprender desfrutando.

      Enlace Blog 6:

      http://stellae.usc.es/rede/blog/view/9116/blog-6-tecnoglobalizacion-a-revolucion-actual

    Navegación

    No se han creado páginas aún