3. Agosto

Última actualización de en María Carballo Comentarios (1)
    • María Carballo
      María Carballo

      Agosto como último mes, damos o mellor de nós e dos nosos días coa seguridade de que serán os últimos dese verán. 

      O mesmo pasa coas miñas últimas entradas nas que puxen os  esforzos e concentrei o aprendido. Centrándome en temáticas en consonancia coa miña personalidade. De maneira especial desfrutei da miña entrada sobre  a arte e a tecnoloxía trasladándolle incluso ao meu entorno o aprendido e os descubrimentos crecendo as ganas para visitar o primeiro museo tecnolóxico en Xapón. Do mesmo gozo, foi a entrada da robótica, consciente de que a renovación e o avance é constante, intereseime por facer unha entrada polas súas implicacións educativas descubrindo un mundo novo.

      Como todos os veráns, agosto anticipa que  aínda que eses foran uns meses  para recordar ou para esquecer teñen un percorrido definido, un fin. Marcastes así, uns obxectivos e uns plans para o próximo ano e lévalos contigo en setembro nun intento de avanzar e ampliar o aprendido neses meses superando neste caso as miñas expectativas.

      Unha metodoloxía que fixo que avanzaramos na adquisición de competencias e habilidades de cara ao mundo laboral. Sempre centrado nas temáticas que o propio alumnado nos interesabamos e respondendo ao menos no meu caso nos blogs de compañeiros se realmente o propio título me chamaba a atención para léelo. Darte conta que a pesar dos contratempos que poidan xurdir o importante é cumprir cos obxectivos propostos da mellor forma posible.

      Recalcar nestes últimos parágrafos que separar a tecnoloxía dos métodos de aprendizaxe xa non é unha opción. É parte da vida e da xeración actual e debe ser traballada a favor da mesma. É esencial entender a tecnoloxía como unha ferramenta para a ensinanza, un beneficio máis para a educación que, ao lado de contidos pedagóxicos de calidade e bos profesionais, mellora o reparto dos coñecementos e fai que se chegue a un aprendizaxe significativo. Para levar a cabo este método a realidade das institucións de ensinanzas terán que buscar alianzas e plataformas adecuadas que se converterán nos aliados deste proceso de aprendizaxe.

      Sen dúbida, nestes últimos días como se dos últimos días de verán se tratasen cavilei que o sentido que buscaba exposto na bibliografía nesta rede social cumpriuse. Afirmar con seguridade que empapeime da cultura tecnolóxica para construción da miña visión particular da realidade.

    Navegación

    No se han creado páginas aún