A historia do nacemento do “río educativo”.

Última actualización de en Yoly R. Guerra

Co inicio do mes de febreiro, tivo lugar o inicio da materia Tecnoloxía Educativa e con ela o inicio do mencionado río educativo.

Nos primeiros días de clase, a profesora explicounos cal sería a metodoloxía a empregar nesta materia, en concreto o emprego desta rede social para a realización dos diferentes blogs. Ante esta nova metodoloxía para nos, a profesora propúxonos dúas opcións de traballo, unha pautada: cuns temas xa propostos de antemán por ela; e unha libre, na cal podíamos investigar e opinar do que quixésemos, sempre que tivese relación cos obxectivos da materia.

Dende un primeiro momento chamoume máis a atención a temática libre, porque así non só lograría desenvolver os obxectivos da materia, senón que podería afianzar mellor aqueles temas que máis me chamaban a atención, así como satisfacer a miña propia curiosidade mediante a análise documental.

Así pois, ao igual que un río que non segue sempre as pautas que o ser humano crea para el, e procura sempre o mellor terreo para afianzar o seu curso, deixeime guiar pola miña curiosidade e imaxinación, ao igual que a agua dun río nunha montaña e guiada pola gravidade ata chegar a súa desembocadura.

Finalmente, en relación á materia, decidín empezar a miña actividade no blog cunha problemática que considero moi importante remediar urxentemente. E a solución a dito problema considero que é o fomento da existencia dunha boa educación no uso adecuado das TIC.

 
    Yoly R. Guerra

    Yoly R. Guerra

    23 anos. Estudante do 3º curso de Pedagoxía na USC.