Remate...ou inicio?

Última actualización de en Irene Pais

Dase por finalizada unha etapa de formación na que se nos abriu a porta a un campo novo, non tanto centrado en saber empregar as tecnoloxías senón en como empregalas adecuadamente e o porque. Coñecer as competencias dixitais que deberiamos de aportar así como de tratar de que se transmitisen e se levasen a cabo, saber que existe unha aprendizaxe máis alá dos libros e do meramente marcado polo profesorado, non só nos marca na nosa viaxe como pedagogos/as senón tamén no ámbito persoal.

Ao longo deste proceso, a autonomía e responsabilidade que se nos outorgou ao alumnado fixo non só que se fomentase a capacidade de investigación pola nosa parte senón tamén que recuperasemos o desexo de saber e aprender tanto por nós mesmos como en colaboración cos demais.

Se ben se pecha a nosa etapa educativa nesta materia, grazas a ela abriusenos os ollos de que hai un mundo moito máis alá do que se nos ensina e somos nós as responsables de querer participar del e nel.