A. As sinais que marcaron o meu camiño.

Última actualización de en Irene Pais

Considero que non só aprendín os coñecementos que se nos mostraron nas sesións expositivas e que, en certo modo tamén orientaron o meu portafolios, senón que nos nutrimos de tan diversas temáticas e autores que fai desta asignatura e do seu percorrido unha etapa diferente e diversa, chea de novos coñecementos que aplicar e construír.

No tocante ao meu portafolios, este segue unha estructura moi diversa xeralmente pero moi específica internamente. En canto ao cómputo das entradas, estas están marcadas polas dudas que me suscitaron temáticas que fun coñecendo co paso do tempo, ben durante as sesións presenciais como fora delas.

Non obstante todas elas teñen algo en común e é a curiosidade. O fío conductor que une todas e cada unha destas entradas é o afán por descubrir elementos novos e descoñecidos para min ata o momento. Considerei que se este portafolios debía marcar como se ía estructurar o meu aprendizaxe propio, non tiña que marcarme unha liña encamiñada a unha única temática, pechándome a descubrir novos horizontes. É por iso que existe unha gran diversidade de entradas con temáticas moi distintas entre sí posto que se algo aprendín dende que comecei este percorrido na materia é que debemos abrir miras xa que a sociedade segue en continuo cambio e nós debemos ir da man con ela.

Por outro lado, internamente, todas as entradas comezan cunha breve explicación da elección desa temática en específico, seguido dunha descripción dos conceptos máis relevantes que asentaran as bases para a posterior entrada en profundidade das características clave, rematando cunha reflexión final.

Decidín realizalas desta forma para marcar unha estructura por pasos que se repetirían ao longo de todas as entradas co fin de que, ao leelas en conxunto resultase doado á par que familiar.