B. O meu percorrido

Última actualización de en Irene Pais

Valorando todos os blogs que publiquei, destacaría aqueles nos que tratei sobre o cambio curricular, a creatividade, a música, a rede Stellae e a arteterapia. O principal motivo de por que considero que estes me marcaron en maior nivel que os restantes baséase en que, a medida que avanzaba a investigación nestas temáticas, máis quería coñecer polo que creo que un aprendizaxe non só se trata de ter máis coñecementos senón de ter afán por seguir ampliandoos.

Asemade, blogs como son o primeiro deles destinado ao meu PLE así como o centrado no DIGCOMP entre outros tamén me resultaron relevantes pero, a diferenza dos anteriormente mencionados, foron tratados nas sesións tanto expositivas como interactivas polo que me centrei en ampliar o que xa se nos mostraba de base xa que consideraba imprescindibles eses conceptos e coñecementos na nosa labor como futuras pedagogas.