C. Chegada ao destino

Última actualización de en Irene Pais

Como ben amosei ao inicio, non considero que se trate dun remate en canto a seguir investigando e coñecendo posto que ao longo de todo este período outorgousenos as ferramentas para poder continuar crecendo tanto como profesionais como tamén persoalmente.

Ben é certo que nun inicio me atopaba confundida, tratando de averiguar que era o que realmente podía sacar desta materia pero a medida que foi avanzando descubrín que non se trataba só de que se nos proporcionaran os coñecementos, senón de sabelos empregar, algo que salíu á luz durante o confinamento.

Nesta etapa, puiden ver como todo o que se nos amosou ata o momento era de suma importancia para saber levar a etapa educativa durante o confinamento así como as consecuencias de non posuír estes coñecementos podían afectar, e afectaron, gravemente ao alumnado.

Cando falabamos das competencias dixitais que debiamos posuír, da brecha dixital, da historia de como evolucionou a incorporación das tecnoloxías...todo iso materializouse durante o confinamento, momento no que realmente a sociedade se percatou que as tecnoloxías non son medios materiais senón que se debe mirar a un futuro, valorando todo o que ofrecen e poden chegar a ofrecer.

Creo que agora mais que nunca, poder cursar esta materia me proporcionou as capacidades necesarias para poder desenvolver a miña labor como futura pedagoga xa que, tendo en conta a situación actual, a sociedade realizará, e está a facelo, grandes cambios a prol da tecnoloxía.

Do mesmo modo, poder realizar unha aprendizaxe autónoma á par que colaborativa, amosoume un gran abanico de ideas e conceptos que ata o momento non coñecía e que me fixeron interesarme por investigar, coñecer e proporcionar esa información, valores que tamén se nos amosaron durante toda a materia.

Valoro moi positivamente esta etapa educativa pois mostroume grandes ferramentas así como capacidades e intereses que ata o momento descoñecía e a día de hoxe considero imprescindibles tanto no ámbito profesional como persoal polo que non o considero un fin, senón un comezo e un empuxón a seguir medrando como pedagoga na dirección correcta.