Rebeca Gonzalez Mariño

Tipo de aprendizaxe: por descubrimento.

()

Ubicación:

Sobre mi

Nacín, crecín e formeime persoal e profesionalmente durante 21 anos en Lousame. Agora vivo en Noia, moi preto de Lousame, pero moi distinto.

Son Educadora Infantil e actualmente son estudante de Pedagoxía. Ningunha das dúas profesións eran parte dos meus obxectivos no pasado, porén, non podería imaxinarme en outro tipo de profesión.

Tras cada sorriso sempre hai unha historia.

Os mellores regalos son as experiencias e os momentos que non se poden contar.

Os recordos do pasado marcan o camiño do presente cara un mellor futuro.

Os animais son extraordinarios. A música, nadar, bailar e dormir son os métodos que utilizo para evadirme dos problemas do mundo real. Teño o corazón dividido entre o mar e a montaña, pero non podería vivir sen o mar. Fasciname o cine, as series e o teatro. As nenas e os nenos son as persoas máis inxeniosas, creativas e honestas e nós, como adultas e adultos, non deberíamos limitar as súas potencialidades, senón darlles as ferramentas necesarias para que as desenvolvan o máximo posible.

A sociedade só poderá cambiar se actuamos en sintonía para que ocorra.

 

 

Actividad

Amigos

Tablón de mensajes

Nube de etiquetas

Blogs

    • Rebeca Gonzalez Mariño

      Escape room

      Compañeiros e compañeiras, ante a situación que estamos vivindo de represión tecnolóxica. Vémonos obrigados/as a solicitar a unión de toda a cidadanía para loirar contra as persoas que pretenden privarnos do desenvolvemento, información e...

    Páginas

    No se han creado páginas aún