Skip to main content
Sin categorizar

1999

By 8 julio, 2011enero 3rd, 2025No Comments

 

Fecha: 01/01/1999
TÍTULO: As contribucións das Institucións á profesionalización dos profesores: Estudo das súas características en Galicia
ENTIDAD CONVOCANTE: Xunta de Galicia 
IP: Mª Lourdes Montero

INVESTIGADOR PRINCIPAL: LOURDES MONTERO MESA.

INSTITUCIÓN: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
ENDEREZO: CAMPUS SUR – SANTIAGO

RESUMO:

Este proxecto ten por obxectivo básico indagar as concepcións sobre a profesionalización que teñen as diferentes institucións, axentes e condicións nas que se desenvolve o traballo cotiá dos profesores. Nese contexto procuramos determinar as influencias da administración, institucións e axentes de formación, centros educativos, sindicatos, engadindo asemesmo a propia perspectiva dos profesores como profesionais, na profesionalización. O noso interés é abordar o problema da profesionalización dos profesores dende unha perspectiva que busca integrar as aportacións, espalladas e fragmentadas, realizadas ata o momento dende diferentes disciplinas ou áreas de coñecemento. Con elo preténdese contribuir a unha redefinición do problema revisando os tópicos habitualmente utilizados para definir os rasgos propios da profesión (autonomía profesional, illamento, feminización, carreira docente cha, profesión con riscos psicolóxicos, indefinición, crise….) A existencia dun perfil profesional ó que os profesores deben axustarse, ignorando a miúdo as condicións e características específicas e contextualizadas do exercicio da práctica profesional, leva a confusións e resistencias dende os diferentes colectivos e a un sennúmero de demandas diverxentes, cruzadas e non satisfeitas, dende os distintos sectores influintes na profesionalización. De aí a necesidade de procurar escrarecer o impacto das diferentes reformas educativas, en relación coa profesionalización de profesores do ensino primario, secundario, e da universidade. Sirva como exemplo a reforma promovida pola LOGSE e os novos plans de estudios. Na liña defendida por Grundy (1993), parécenos necesario plantexar unha forma diferente de analizar o traballo dos profesores mais alá de comparalos con outros profesionais. Desexamos superar esta perspectiva a través de plantexamentos que cinxan a complexidade do problema e as súas especificidades en aqueles sectores involucrados, utilizando un enfoque interpretativo que asuma a construcción social dos significados. Representacións construídas en función dos procesos de socialización nas interaccións entre as condicións socioinstitucionais e os diferentes individuos, tendo en conta a súa situación e os contextos históricos determinados (Berstein, 1990; Bourdieu, 1988; Popkewitz, 1990,1994). Este proxecto é innovador xa que, tendo en conta o dito anteriormente, pretende analizar o problema da profesionalización dende un posicionamento omnicomprensivo tanto dende o xeito de abordalo coma dende a propia definición do problema. En síntese, o traballo de investigación intenta articular un xogo dialéctico entre o macro e o micro, integrando o noso análise as diferentes tradicións de pensamento que examinan a construcción social das prácticas profesionais. Para abordar este problema imos a utilizar de xeito complementario dous tipos de metodoloxías. Nunha primeira fase, unha metodoloxía cualitativa a través de procedementos como poden ser: técnica Delphi, entrevistas en profundidade, relatos autobiográficos e análise de documentos, programas para o estudio de estructuras con datos cualitativos (Ethno, Qualtro). Na segunda fase, un estudio cuantitativo realizado mediante cuestionarios elaborados a partides de achádegos obtidos na pnmeira fase. Aplicaranse a unha mostra representativa de profesores de primaria e secundaria, representantes da administración, centros educativos, sindicatos, institucións e axentes de formación. Nunha e outra fase os datos obtidos serán tratados coas técnicas de análise de datos pertinentes: para a metodoloxía cualitativa a análise de contido, extracción de categorías sustantivas e análise de dilemas principalmente; para a metodoloxía cuantitativa, procedementos estatísticos multivariantes.


ANTECEDENTES DO TEMA


Este proxecto xurde tras moitos anos de adicación ó estudio e investigación no campo da formación permanente do profesorado. Como pode comprobarse nos currícula dos membros do equipo, esta adicación supuxo prestar unha detida atención tanto a diversas etapas que intemacionalmente se recoñecen no continuo da formación (inicial, iniciación, en ejercicio), como ó estudio das súas dimensións, problemas, necesidades, participantes, procesos. Dende esta posición poidemos observar que si ben, a formación do profesorado ten unha importancia decisiva na consideración dos profesores como profesionais, tamén é completamente certo que non é suficiente para atender a devandita profesionalización; a responsabilidade de profesionalización dos profesores non pode atribuirse de modo exclusivo á formación, de xeito tal que, sen negar a importancia da súa contribución, faise cada vez máis urxente examinar de un modo realista as súas responsabilidades (as das súas institucións, o seus marcos conceptuais, as súas condiciósns, os seus membros) para atender ás demandas de proceso de profesionalización. Ista problemática non é exclusiva do noso contexto, atinxe o profesorado dos diferentes niveis de tódolos países industrializados e do entorno europeo. Nos derradeiros anos, en diferentes informes reclámase un detenemento maior no estudio das realidades nacionais que permitan levar a cabo comparacións mais acordes coa realidade dos profesores nun contexto determinado (Neave, 1992-, OCDE, 1990, 1991; Popkewitz, 1994). Ó examinar os diversos tratamentos sobre o tema da profesión do ensino, advertimos unha gran diversidade de enfoques e de ámbitos científicos. Nunha tentativa de sistematización, que en absoluto pretende ser unba foto fixa do estado da cuestión, o fenómeno da profesionalización (término que preferimos por consideralo de maior capacidade inclusiva) ten sido abordado dende diferentes ángulos, tantos como científicos sociais fixeron de el o seu obxecto de coñecemento:
a) dende a socioloxía, cos seus instrumentos de análise, elabóranse constructos tales coma feminización, carrera docente chá, proletarización, indefinición, status, prestixio, poder… perspectivas interesante que nos permitiron examinar ós profesores e a súa pr ctica profesional como unha práctica socialmente determinada e a configurar unha perspectiva do ensino que hai que tomar como referente ineludible para a construcción de proxectos fundamentados. Como exemplos de estudios de este ámbito poden citarse os de Carr e Kemmis (1988), Fernández Pérez (1988); González Blasco y González Anleo (1993); Guerrero (1993); Lortie (1975); Martín Moreno y De Miguel (1982); Ortega (1987,1989,1990,1992); Ortega y Velasco (1991); Varela y Ortega (1984).
b) dende a socioloxía do coñecemento, preocupados pola construcción do coñecemento profesional, mediante a análise dos supostos a través da racionalidade técnica e/o práctica: Liston e Zeichner (1993); Pérez Gómez (1995): Popkewitz (1990, 1994); Sarfatti (1988); Schón (1983, 1991,1992,1991), e as súas derivacións consideración dos profesores como técnicos o como profesionais reflexivos.
c) dende as diversas concepcións do desenvolvemento profesional, en orixe predominantemente psicolóxicas, e da aprendizaxe durante toda a vida (“life long learnig»), realizáronse estudios sobre ciclos vitais, preocupacións, necesidades de formación, malestar docente (“stress, burnout»). aillamento. Por exemplo Abraham (1987); Esteve (1987); Huberman (1987); Peyró (199l).
d) dentro do campo do campo do ensino, ten habido diversas contribucións: a investigación procedente do paradigma do pensamento e coñecemento dos profesores especificamente nas súas investigacións acerca do coñecemento esencial e os tipos de coñecemento que os profesores posúen: Grosman (1990); Marcelo (1995); Schulman (1987). Así pois o estado actual do tema pode definirse como paradoxal, difícil definir e sintetizar as aportaciós procedentes destes ámbitos e das correntes existentes no seu interior có obxectivo de examinar as súas contribucións específicas á profesionalización dos profesores. O campo está fragmentado; neste contexto a nosa aspiracion, dende unha perspectiva de eclecticismo disciplinado, é analizar que aporta cada un destes campos e construir un discurso articulado de integración e de síntese, donde as distintas perspectivas teñan o seu lugar. Dende alí, intentaremos construir un discurso alternativo especificamente pedagóxico-didáctico que arroxe luz sobre as condicións específicas da profesión do ensino nos distintos niveis do sistema educativo e nos distintos sectores do profesorado.

 

Volver a Proyectos Finalizados

 

Resumen de privacidad

La página web de Stellae. utiliza cookies. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Asimismo puedes consultar toda la información relativa a nuestra política de cookies AQUÍ y nuestra política de privacidad AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.