TÍTULO: A influencia das Novas Tecnoloxías no desenvolvemento organizativo e profesional dos centros educativos. Estudio da situación en Galicia
ENTIDAD CONVOCANTE: Consellería de Innovación, industria e Comercio da Xunta de Galicia
IP: Mª Lourdes Montero
Santiago de Compostela
Duración, desde: 2000 hasta: 2004
Investigador responsable: Lourdes Montero Mesa.
A investigación tiña como propósito básico coñecer as repercusións da incorporación das Tecnoloxías Información e a Comunicación (TICs) na organización dos centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia e no desenvolvemento profesional do seu profesorado. Cando a iniciamos, os datos dispoñibles apuntaban cara a constatación dos escasos cambios producidos polas últimas reformas educativas respecto o tipo e uso dos medios e materiais introducidos, mostrando que a escola continúa utilizando os mesmos materiais e recursos, da mesma maneira, e adaptando os máis novos os usos máis tradicionais.
Formúlanse dúas hipóteses:
1) Que as culturas profesionais e organizativas dominantes nas escolas constitúen un factor máis poderoso que o pretendido poder innovador atribuído ás TIC.
2) Que continúa persistindo a crenza de que basta introducir un novo medio para que se produzan os cambios esperados.
Entre os resultados máis significativos podemos resaltar:
– A hexemonía dos usos tecnolóxicos – coñecer o medio – en lugar dos usos propiamente educativos. – O uso das tic é mais tecnoloxía da información que tecnoloxía da comunicación
– Predominio dos usos das tic para administración e xestión dos centros frente ós usos educativos no ensino.
– Ubicación centralizada dos equipos informáticos e da dispoñibilidade de acceso ós mesmos.
-A repercusión da introducción e uso das tic nos centros educativos ten unha escasa influencia na organización e no desenvolvemento profesional do profesorado.
-A adaptación do profesorado ás tic prodúcese fundamentalmente a nivel de usuario de ferramentas informáticas (alfabetización tecnolóxica) máis que no nivel de integración profesional e curricular (capacitación tecnolóxica).
Quedan confirmadas as dúas hipóteses de traballo formuladas.
Volver a Proyectos Finalizados