Skip to main content

Durante a clase de onte de Tecnoloxía Educativa do Grao de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, os alumnos/as de 3º, tiveron a oportunidade de escoitar de primeira man as experiencias de 4 pedagogas e exalumnas que actualmente se atopan traballando en distintos ámbitos e que achegaron un pouco a súa realidade á aula.

Contando así as súas traxectorias, dificultades, oportunidades e paixóns, responderon tamén a cuestións sobre como a tecnoloxía estaba ou non presente nos seus espazos de traballo, as complicacións ou facilidades que isto supoñía e outras cuestións crave sobre a formación que desenvolvían.

Grazas á participación Olaya Queiruga, Adriana Castro, Mónica Caneda e Raisa Charlín por narrar as súas experiencias e transmitir ao alumnado tanta paixón.

Deixámosvos o blogue dunha alumna que resume a sesión e as catro experiencias: http://stellae.usc.es/red/blog/view/162846/o-papel-do-pedagogo

 

Resumen de privacidad

La página web de Stellae. utiliza cookies. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Asimismo puedes consultar toda la información relativa a nuestra política de cookies AQUÍ y nuestra política de privacidad AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.