O día 23 de Setembro reuníronse varios membros do Grupo Stellae- pertencente á Universidade de Santiago de Compostela- para avanzar no proxecto “Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión”. Nesta reunión, incorporáronse tamén membros da Universidade Autónoma de Madrid, os cales participaron virtualmente achegando as súas experiencias e perspectivas sobre os distintos aspectos do proxecto.
Ao longo deste encontro afondouse no marco teórico, conformando grupos de traballo que permitan profundar de maneira equilibrada nos diversos contidos do proxecto. Abordouse tamén, o procedemento de selección dos suxeitos; tomando decisións con respecto ás características dos mesmos, a organización temporal ou os lugares e espazos onde buscar e seleccionar devanditos suxeitos.