Skip to main content

Congreso Galego de Prevención de Riscos Psicosociais no ensino: Xestión de emocións e realidades

 

 

A profesora Mª Dolores Fernández Tilve, membro activo do Grupo de Investigación Stellae, así como Laura Malvar Méndez, Orientadora do IES de Poio, participaron como conferenciantes no “Congreso Galego de Prevención de Riscos Psicosociais no ensino: Xestión de emocións e realidades”, organizado por CSI-F Ensino e celebrado o 11 de outubro de 2014 no MUPEGA. O devandito congreso supuxo unha acción de sensibilización e divulgación dos riscos psicosociais do profesorado da educación pública de toda Galicia, tanto no ámbito da prevención como intervención. Sen dúbida, este espazo formativo significou unha ocasión para traballar aquelas competencias e estratexias necesarias para a xestión das emocións, do rendemento e a motivación. Na conferencia en cuestión se presentou un estudio avaliativo inédito realizado na Comunidade Autónoma Galega, centrado especificamente sobre as competencias saber ser/estar dos orientadores de secundaria do ensino público.

 

Díptico do Programa

 

 

Resumen de privacidad

La página web de Stellae. utiliza cookies. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Asimismo puedes consultar toda la información relativa a nuestra política de cookies AQUÍ y nuestra política de privacidad AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.