Os días 3 e 4 de decembro contaremos na Facultade de Ciencias da Educación (USC) coa presenza da Dra. Virginia Rodés, da Universidade da República (Uruguai) e membro do G.I.  Stellae. Durante estes días impartirá un curso de formación sobre Teoría Fundamentada, no cal se propón introducir o método da Teoría Fundamentada no marco da análise de datos cualitativos. Realizarase un breve percorrido polos principais procedementos, procesos e compoñentes do método, para logo traballar en base a exemplos e casos prácticos aplicados ao campo da investigación educativa.

cartel teoria fundamentada

 

O obradoiro, dirixido a investigadoras/res, docentes e estudantes avanzadas/dos, terá unha duración de 8 horas, en horario de 10.00 h. a 14.00 h, e impartirase na aula Sarmiento. Coa seguinte programación:

Día 3 de decembro (10.00 h. – 14.00 h.)

–     A Teoría Fundamentada na investigación cualitativa.

–     O deseño metodolóxico de investigación.

–     Procesos: descrición, ordenamento conceptual e desenvolvemento da teoría.

–     Procedementos de análises: codificación aberta, axial e selectiva; memorandos teóricos, metodolóxicos e de campo; construción de categorías emerxentes; establecemento dunha teoría fundamentada nos datos.

–     Exemplos de análises de datos cualitativos con base na Teoría Fundamentada en investigación educativa.

–     Aplicación da Teoría Fundamentada en casos prácticos de investigación achegados polos/ as participantes.

Día 4 de decembro (10.00 h. – 14.00 h.)

–     Mostraxe teórica: métodos de selección de casos; método de comparación constante.

–     A revisión de literatura na Teoría Fundamentada.

–     Exemplos de análises de datos cualitativos con base na Teoría Fundamentada en investigación educativa.

–     Exemplos de presentación de resultados na Teoría Fundamentada.

–     Aplicación da Teoría Fundamentada en casos prácticos de investigación achegados polos/ as participantes.

O número de prazas é limitado polo que se roga a inscrición previa, dirixíndose ao correo: uxiafernandez.regueira@usc.es

 

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.