A investigadora predoctoral e integrante do Grupo de Investigación Stellae, Inés Ramos Trasar, realiza unha estadía formativa no marco do Programa de Formación do Profesorado Universitario 2022 (FPU2022), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Esta axuda brinda unha oportunidade significativa e beneficiosa para desenvolver o seu proxecto de teses.
Concretamente, a nosa compañeira realiza a súa estadía na Universidade Carl von Ossietzky de Oldenburg (Baixa Sajonia, Alemaña), que conta cun dos campus máis grandes, con diversas facultades nas áreas de Humanidades, Ciencias Sociais e Educación.
Baixo a supervisión da profesora e investigadora Prof. Dr Felicitas Macgilchrist, do Departamento de Ciencias da Educación (Dixital Education and Schooling) e do Institut für Pädagogik, a nosa compañeira propuxo desenvolver un plan de traballo e desfrutar desta gran experiencia, que sen dúbida achegaralle moitos aprendizaxes.
¡Moita sorte nesta aventura!


