A Asemblea Xeral da Asociación de Profesorado Emérito da Universidade de Santiago de Compostela vén de renovar a súa xunta directiva, da que forma parte Adriana Gewerc —integrante do grupo de investigación Stellae— como vogal, xunto con outros profesionais de recoñecido prestixio: os catedráticos José Manuel Sabucedo Cameselle (presidente), Juan Viaño Rey (vicepresidente), Teresa Fanego Lema (secretaria), Laura Sánchez Piñón (tesoureira), e Eugenio Uriarte Villares e Juan Luís Barja (vogais).
Este equipo busca consolidar o labor realizado polos membros fundadores da asociación, facendo especial fincapé no papel do profesorado emérito na actividade investigadora, docente e no asesoramento académico.
Para máis información, consultar: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/asociacion-profesorado-emerito-universidade-santiago-compostela-renova-sua-xunta-directiva.

