A Dra. Adriana Gewerc, coordinadora do Grupo de Investigación Stellae e investigadora principal -xunto a Esther Martínez-Piñeiro- do Proxecto Contornas Dixitais e Identidade de Xénero na Adolescencia (EDIGA), presentou os resultados da primeira fase do Proxecto na Universidade da República de Uruguai. Estes resultados poden consultarse xa en aberto en Zenodo (https://doi.org/10.5281/zenodo.6518488).
Durante esta estancia traballou tamén no desenvolvemento da implementación do proxecto no equipo de Uruguai, así como o proceso de construción dunha ferramenta de análise. Para máis información achega do proxecto e os seus avances, consulta a web do Proxecto Ediga (http://stellae.usc.es/ediga/).


