O pasado 21 de decembro no Salón de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), defendeuse a tese doutoral “Competencia dixital e escola. Estudo de caso etnográfico en dous CEIP de Galicia”. O traballo foi realizado por Almudena Alonso Ferreiro, baixo a dirección de Adriana Gewerc Barujel, coordinadora do Grupo de Investigación Stellae.

A tese indagou acerca dos procesos de apropiación que se levan a cabo nos centros educativos de primaria de Galicia ao redor das regulacións sobre a competencia dixital. O traballo exponse desde un enfoque etnográfico, onde Almudena Alonso mergúllase no cotián escolar co fin de obter un coñecemento profundo da realidade complexa da escola, co desafío de captar o que aí sucede.

A investigación realizada mostra que a incorporación masiva das tecnoloxías aos centros e o desenvolvemento da competencia dixital é un proceso cheo de contradicións que parece referir cuestións xa traballadas, pero con novos matices.

 

 

Os resultados máis destacados advirten da relevancia e necesidade de dignificar a figura do coordinador TIC na Comunidade Autónoma de Galicia, de seguir incidindo na formación docente en tecnoloxía educativa, e atender ás prácticas que se realizan desde os centros con tecnoloxías, máis aló das dimensións instrumental e informacional, que nun nivel básico foron as máis traballadas polos nenos e nenas de primaria. Ademais sinala a necesidade de incidir na estrutura do sistema, pois condiciona en gran medida o proceso de integración de tecnoloxías aos centros.

A tese mostra, por tanto, que aínda queda moito por facer na escola no ámbito da tecnoloxía educativa, e sinala a relación entre a norma (Administración), a práctica (escola) e a teoría (universidade) como a clave para o cambio real no día a día escolar.

A tese obtivo a máxima cualificación, sobresaliente cum laude, outorgada polo tribunal composto polos especialistas Mª Lourdes Montero Mesa (Presidenta), Cristina Alonso Cano (Secretaria) e Iván M. Jorrín Abellán (Vogal).

 

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.