Os días 24 e 25 de outubro, celebrouse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o congreso “Construíndo o futuro da educación: un dereito para todos e todas”, organizado pola Federación Down Galicia. O evento reuniu a destacadas figuras do ámbito educativo nacional, como Gerardo Echeita, Coral Elizondo e Antonio Márquez, que compartiron as súas reflexións e propostas para avanzar cara unha educación máis inclusiva e equitativa.

O grupo de investigación Stellae estivo representado por Ana Parada Gañete, Pablo Gayo Pérez e Ana Rodríguez Guimeráns, que asistiron ao encontro. Durante a xornada do sábado, Ana Parada Gañete interveu na mesa de experiencias “Educación secundaria: un reto pendente a nivel inclusivo”. A súa participación contribuíu a visibilizar a importancia de avanzar en prácticas e políticas que garantan o dereito á educación de todo o alumnado sen exclusións.

O congreso consolidouse como un punto de encontro clave para profesionais, familias e entidades comprometidas coa inclusión educativa, ofrecendo unha mirada ampla e actual sobre o estado da educación en Galicia e os desafíos que aínda quedan por superar.

Share
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.