A semana pasada a nosa compañeira Ana Rguez Groba presentou aos membros do “Instituto per la Tecnologie e Didattiche” (Xénova, Italia) o traballo realizado nos últimos anos polo Grupo Stellae.
O obxectivo desta presentación permitiu delimitar diversos puntos de confluencia entre ambos grupos, sobre todo en relación ás liñas temáticas (redes sociais, gamificación, aprendizaxe autorregulado, etc.) o que favorecerá o establecemento futuro de posibles pontes de colaboración.

Parte da presentación de Ana Rodríguez Groba.

