Os pasados días 15 e 16 de abril, a nosa compañeira Ana Rodríguez Guimeráns acudiu á Universidade de Burgos para participar no IV Seminario Internacional “Neurodiversidad y tecnologías emergentes”, celebrado no Fundación Círculo Burgos e dirixido a profesionais da educación, estudantado, institucións e persoas interesadas nesta temática.
Durante o encontro, participou nunha mesa de diálogo cunha intervención titulada “Nclusión Educativa y TECnología: tejiendo redes de investigación desde RUTE-INETEC”, que desenvolve o seu labor no marco da Red Universitaria de Tecnología Educativa (RUTE). Na súa exposición, explicou os obxectivos e liñas de actuación deste grupo, así como a súa contribución á xeración de redes de investigación centradas na inclusión educativa e o uso de tecnoloxías en prol deste fin. Tamén aproveitou a ocasión para dar a coñecer a actividade da rede RUTE e algunhas das súas iniciativas máis salientables, entre elas a organización anual do congreso JUTE, cuxa próxima edición celebrarase en xuño de 2026 en Santiago de Compostela.


