Ángela González Villa e Inés Ramos Trasar, investigadoras predoctorais do Grupo de Investigación Stellae, participaron cómo relatores no “Simposio Internacional Doutorado en Educación. Coñecemento e Acción Transformadora” organizado os días 15 e 16 de maio de 2024 en Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Ambas as presentaron comunicacións orais referidas aos seus proxectos de tese doutoral, mostrando os avances alcanzados ata o momento.

Ángela González Villa presentou o traballo “A subxectividade adolescente nas prácticas de exposición en Instagram e TikTok” e Inés Ramos Trasar o denominado “Prácticas de xénero, plataformas virtuais e territorios formativos. Un estudo de caso de mocidade TikToker “.

Ao simposio acudiron variedade de profesionais da educación, así como investigadores predoctorais de contextos diversos.

