Despacho: 47

Extensión: 13843

ORCID: 

E-mail: antia.cores.torres@usc.es

Dirección: Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782  Santiago De Compostela (A Coruña)

 

Graduada en Educación Primaria con mención en Educación Musical (2016) na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación realizando o Máster en Procesos de Formación (RD 1393/2007), finalizando esta etapa cun Traballo Fin de Máster sobre a avaliación de materiais musicais publicados en lingua galega dende a óptica da normalización lingüística e cultural.

Gozou dunha Beca de Colaboración do Ministerio de Educación no departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da USC no curso 2015-2016, organizando experiencias de aprendizaxe-servizo relacionadas coa Educación Musical.

Actualmente está contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU 2016), polo que se atopa desenvolvendo a súa actividade investigadora dentro do grupo e realizando a súa tese sobre os materiais de música impresos e dixitais.

Esta formación vese complementada coa asistencia e participación en congresos, xornadas, cursos, seminarios e proxectos que teñen como obxectivo o estudo dos materiais didácticos nos distintos niveis educativos.

Volver a Integrantes

 

 

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.