Os días 19 e 20 de Outubro de 2022, as profesoras Elena Fernández Rey e Rebeca García Murias (USC), membros do grupo de investigación Stellae, acudiron a unha reunión internacional no marco do proxecto de investigación Improving quality standards for career learning and guidance (Guiding Schools) (2020-2023)a  2020-1-IT02-KA201-079116. Link: Project – guiding schools. 

O encontro celebrouse en ​a Hochschule der Bundesagentur für Arbeit (HdBA), University of Applied Labour Studies of the Federal Employment Agency en Mannheim, Alemaña.

Os socios, provenientes de diversos países europeos, tiveron a ocasión de discutir certos aspectos relevantes no marco da investigación e tomar novas decisións respecto o proxecto (revisión e presentación do traballo realizado en relación aos diferentes outcomes que conforman o proxecto, retroalimentación, plan de traballo, difusión e explotación dos resultados alcanzados, administración e xestión do proxecto, e próximos pasos a seguir para a preparación do próximo encontro internacional que tivo lugar no mes de Novembro en Bari, Italia).

 

1. Project Meeting photo HdBA Germany

2. Project meeting photo HdBA Germany

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.