Os pasados 24, 25 e 26 de abril tivo lugar a XI Reunión Científica Interuniversitaria de Jóvenes Investigadores/as na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Ao encontro acudiron varios membros predoutorais do GI Stellae: Pablo Gayo Pérez, Carolina Rodríguez González, Ana Rodríguez Guimeráns e Inés Ramos Trasar.
Esta reunión constitúe unha actividade importante para as personas predoutorais, ao tratarse dunha reunión que se organiza de forma anual e cuxo principal obxectivo é fomentar entre os distintos membros en formación un espazo de encontro, diálogo e convivencia no que compartir os avances no proceso multidimensional ligado á construción da súa tese.
Durante o encontro, as persoas asistentes disfrutaron da conferencia inaugural sobre un tema moi relevante no campo educativo: A Educación Universal e os seus Descontentos.
Pola tarde desenvólvense os diversos seminarios monográficos, onde Almudena Alonso Ferreiro, membro do GI Stellae, impartiu o seminario correspondente co Itinerario B denominado: Investigar para transformar: El camino de la transferencia en educación.
Para finalizar o encontro, o domingo pola mañá tivo lugar unha Biblioteca Humana que levaba por título Historias de tesis: El libro que me habría gustado leer, onde se abordaron distintos desafíos que poden xurdir ao longo do recorrido predoutoral.

