O artigo “Análisis de la formación inicial en adicciones del alumnado universitario de Educación Social en España”, que ten por autores/as a Carolina Rodríguez González, Ana Rodríguez Groba, Uxía Regueira e Fernando Fraga, foi publicado no último número da Revista de Estudios e Investigación en Psicoloxía e Educación.
O artigo busca ofrecer unha visión detallada da formación inicial sobre adiccións que recibe o alumnado do Grao en Educación Social das universidades públicas españolas. Levouse a cabo unha análise do contido dos plans de estudo e das guías docentes para identificar as materias que abordan as adiccións. Os resultados poñen de manifesto que, dos 33 campus universitarios que imparten o Grao en Educación Social, só 16 inclúen materias específicas sobre esta temática, que ademais son maioritariamente optativas. Nestas materias prevalece o estudo da drogodependencia en comparación con outras adiccións e, nalgúns casos, non se introducen as funcións do/a educador/a social neste ámbito. O texto destaca tamén a oportunidade de aproveitar a reformulación dos plans de estudo para orientar a formación inicial en adiccións cara aos novos retos emerxentes, dende unha perspectiva centrada tamén na Educación Social.
Máis información: https://revistas.udc.es/index.php/reipe/article/view/12103/9277

