O artigo “Análise da formación inicial en adiccións do alumnado universitario de Educación Social en España”,  redactado por Carolina Rodríguez González, Ana Rodríguez Groba, Uxía Regueira e Fernando Fraga, foi publicado no último número da Revista de Estudos e Investigación en Psicoloxía e Educación.

O artigo busca ofrecer unha visión detallada da formación inicial sobre adiccións que recibe o alumnado do Grao en Educación Social das universidades públicas españolas. Para iso, se ha realizou unha análise de contido dos plans de estudo e as guías docentes para identificar as materias que abordan as adiccións. Os resultados poñen de manifesto que, dos 33 campus universitarios que imparten o Grao en Educación Social, só 16 inclúen materias específicas sobre esta temática, que principalmente son optativas. Nestas materias, prevalece o estudo da drogodependencia en comparación con outras adiccións e, nalgunhas delas, non se introducen as funcións do/a educador/a social neste ámbito. Destácase a oportunidade de aproveitar a reformulación dos plans de estudo para orientar a formación inicial en adiccións cara aos novos retos emerxentes desde unha perspectiva tamén centrada na Educación Social.

 

Máis información:  https://revistas.udc.es/index.php/reipe/article/view/12103/9277

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.