No día de onte, nas inmediacións da Facultade de Educación do Campus Vida, levouse a cabo o Terceiro Seminario de Doutorandas denominado “Seminario sobre metodoloxías para as nosas teses: diálogo entre encrucilladas metodolóxicas e éticas aplicadas a investigación socioeducativa“, organizado polo Grupo de Investigación Stellae e o Grupo de Investigación de SEPA-interea.

Grazas á participación dos membros de ambos grupos foi posible construír un espazo de diálogo no que poder compartir inquietudes e resolver algúns retos e lagoas que se orixinan no proceso de elaboración dun proxecto de tese. Neste terceiro seminario, contamos coa colaboración de Esther Martínez e Esther Vila, como expertas no terreo metodolóxico, o que permitiu crear un espazo de conversación, no que compartimos experiencias e resolvemos certas dúbidas. Poder escoita-los procesos en desenvolvemento das nosas compañeiras e as experiencias pasadas das persoas xa doutoras, foi moi alentador e revelador.

Con este terceira convocatoria damos por finalizada a edición de seminarios neste curso académico, esperando con entusiasmo as edicións vindeiras, que seguro que serán tan construtivas e enriquecedoras como as realizadas ata o momento.

Unha vez máis podemos afirmar sen ningunha dúbida a posta en valor do coñecemento e a reflexión compartida!

 

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.