Skip to main content

Stellae

O Grupo de Investigación Stellae (GI-1439 da USC), nace a principios de 1997.

Coñece a nosa historia!

A nosa historia

O Grupo de Investigación Stellae (GI-1439 da USC), nace a principios de 1997.

Está composto por un conxunto de investigadores e investigadoras da educación interesados en construír un coñecemento con potencialidade para transformar as prácticas das institucións educativas na dirección da mellora dos seus procesos de ensino, aprendizaxe, formación e desenvolvemento dos seus profesionais.

Son trazos de identidade do grupo: o interese por un amplo espectro de temáticas; a integración de profesionais doutros niveis educativos, e a procura de interdisciplinariedade, tanto interna -membros con diferentes perfís de especialización- como externa, mediante a colaboración con outros grupos para favorecer sinerxías na investigación en educación.

 

Un grupo plural para abordar aspectos da investigación educativa tamén plurais.

 

Fases

Desenvolvemento 1997-1999.

 

Caracterizada pola realización de teses doutorais e a conquista da estabilidade profesional.

 

Neste período obtívose o primeiro proxecto de investigación sobre “As contribucións das institucións á profesionalización dos profesores: estudo das súas características en Galicia” (1996-1999).

E en 1998 conseguiuse un proxecto do Programa Alfa da Comisión Europea, que supuxo un aliciente para o crecemento do grupo e a súa proxección a outros grupos, universidades e países.

A consecución do terceiro proxecto de investigación titulado “A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento organizativo e profesional dos centros educativos. Estudo da situación en Galicia” (2001-2004), marca o inicio da segunda etapa desta fase, xa que se consolidan as investigacións financiadas a nivel estatal.

01

Internacionalización 2007-2014.

 

Etapa de internacionalización do grupo, xerada a través de proxectos financiados polo Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en colaboración con diversas universidades latinoamericanas de Chile, Bolivia e Arxentina, centrados na temática da integración das TIC no ámbito universitario.

 

Neste marco creamos a Rede UNISIC (Universidade para a sociedade do coñecemento).

E pola participación activa na REDE IARTEM, unha comunidade internacional de investigadores tanto europeos como latinoamericanos que ten como propósito promover a investigación no ámbito dos libros de textos e os medios didácticos.

Os proxectos obtidos en todos estes anos fixeron posible alcanzar unha posición competitiva en relación con outros grupos que traballan en ámbitos similares.

Isto permitiu obter no ano 2007 o recoñecemento como Grupo de Investigación Competitivo do Sistema Galego de I+D+i outorgado pola Consellería de Innovación e Industria. Un recoñecemento que se revalidou en 2008, 2009 e 2010.

02

Consolidación 2014-2022.

 

Período de consolidación da súa estrutura, co aumento da produción científica e a reorganización interna a través de equipos diferenciados con tarefas específicas.

 

Desde o ano 2014, por mor das convocatorias para a Consolidación e Estruturación de Unidades de investigación competitivas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o grupo obtivo o recoñecemento de Grupo de Potencial de Crecemento de forma consecutiva ata 2022.

Isto produciu sustentabilidade nos proxectos de crecemento, apoiando a incorporación e o desenvolvemento profesional de investigadores novos que se transformaron no futuro do grupo.

Así mesmo, nesta fase nace DIMElab, unha Spin-off do Grupo de Investigación Stellae que se dedicou ao deseño, análise e desenvolvemento de medios educativas, ofrecendo asesoramento pedagóxico a editoriais, institucións educativas, empresas de formación e compañías de software.

03

Ampliación do grupo 2023- .

 

Xerada pola ampliación do grupo coa incorporación de novos integrantes e, con iso, novas liñas de investigación.

 

E polo recoñecemento, dada a súa traxectoria, produción científica, e achegas á comunidade, como Grupo de Referencia Competitiva, na convocatoria para a Consolidación e Estruturación de Unidades de investigación competitivas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia do ano 2022.

04

Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.