Jesus Rodríguez Rodríguez, membro de Stellae e presidente da Asociación Internacional para a Investigación en Libros de Texto e Medios Educativos [IARTEM- “International Association for Research on Textbooks and Educational Media”], acudiu a semana pasada a unha reunión en Lisboa, onde se acordou a realización dun Congreso Internacional sobre Libros de Texto e Materiais Didácticos que vai ter lugar en Lisboa, os días 27, 28 e 29 de setembro do 2017. (http://www.iartem.org )
Ademais tomáronse outras decisións como o relanzamento da revista internacional E-Journal, e a presentación do libro “Representation of minorities in Texbooks” no que colabora a Universidade de Santiago de Compostela.(https://stellae.usc.es/wp-content/uploads/2017/02/volume_iartem_2010_montreal_conference.pdf).
Tamén se levou a cabo a selección dos proxectos de investigación relacionados co ámbito dos libros de texto e materiais didácticos que foron apoiados institucionalmente por IARTEM.


