O 1 de setembro o Grupo de Investigación Stellae comezou un novo proxecto de investigación, Alfabetización Dixital Crítica para a Convivencia Escolar (Proxecto aConvive PID2024-157903OB-I00).

O Proxecto derívase dunha convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2024. Preténdese indagar sobre a posibilidade dos desenvolvementos curriculares no marco da LOMLOE non estean a desenvolver unha perspectiva crítica suficiente no ámbito da Alfabetización Dixital. Tomando como referente a Comunidade Autónoma de Galicia, preténdese indagar a través dun deseño multifase sobre a relación entre a Alfabetización Dixital Crítica (ADC) e a convivencia escolar caso co obxectivo de garantir contornas seguras e cidadáns críticos e responsables con conciencia crítica sobre os rumbos económicos e políticos nas tecnoloxías dixitais, permitindo aos estudantes resistir a manipulación, o ciberacoso, o sexting e o grooming. Os Departamentos de Orientación e Coordinadores de Benestar son clave para integrar os Plans de Convivencia e Plan Dixital de Centro, evitando que estes funcionen de forma illada.

Os resultados permitirán propoñer estratexias preventivas, formación docente crítica e políticas que garantan contornas seguras, xerando cidadáns dixitais capaces de navegar o mundo tecnolóxico con conciencia e autonomía.

aConvive conta xa cunha páxina web de referencia:

https://stellae.usc.es/aconvive/

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.