Os días 7 e 8 de novembro Almu Alonso e Pablo Gayo participaron non IX Congreso de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) que tivo lugar no CEIP Anexa e na Facultade de Formación do Profesorado, Lugo. Este espazo de reflexión e aprendizaxe ten por obxectivo reflexionar sobre a educación inclusiva e o papel que as tecnoloxías poden desenvolver neste proceso. Coa conferencia inaugural “Inclusión e Diversidade”, Lucía Álvarez contou a súa experiencia como estudante e agora como docente na EOI de Vigo sendo unha persoa cega, o congreso completouse con cinco momentos de obradoiros e unha mesa redonda.
Un dos obradoiros, “Videoxogos, accesibilidade e inclusión” foi impartido polo compañeiro do grupo Pablo Gayo, onde se centrou na cuestión de accesibilidade nos videoxogos e como poderían ser un elemento cara a consecución da inclusión educativa e social. Así mesmo, Almu Alonso, como membro de TADEGa, parcitipou no comité organizador deste encontro.



