Distintas integrantes do Grupo de Investigación Stellae participaron os pasados días 17, 18 e 19 de setembro no I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade (CIET-I), celebrado no Campus Crea da Universidade de Vigo (Pontevedra) e organizado pola Cátedra Unesco: Educación transformadora: ciencia, comunicación e sociedade (UVigo). Páxina web do congreso: https://coneducatransforma2025.wordpress.com/

Durante o xoves 18, Silvia López Gómez participou na mesa de expertos denominada “Tecnoloxía, educación, convivencia e benestar emocional na infancia e a adolescencia”, onde contribuíu coa súa propia aportación sobre Educación e dixitalización. Oportunidades e desafíos. Na súa intervención presentou os principais resultados de máis dunha década de investigación arredor da dixitalización educativa en Galicia, a través dos proxectos Infanci@ Dixit@l, Escol@ Dixit@l e Secundari@ Dixit@l. Ademais, compartiu guías didácticas con recomendacións dirixidas tanto ao profesorado como ás familias, así como o documento “Medidas necesarias para mellorar a dixitalización nas aulas galegas” (publicado no nº 92 da Revista Galega de Educación, dispoñible en https://rge.gal/paper/medidas-dixitalizacion/).

Ese mesmo día, Carolina Rodríguez González presentou a comunicación O phubbing e outros fenómenos dixitais que preocupan ao estudantado universitario, unha proposta elaborada xunto con Uxía Regueira E Ángela González Villa, ambas integrantes do Grupo de Investigación Stellae.

O Congreso CIET-I supuxo un espazo onde poder reflexionar e compartir coñecementos sobre: convivencia, democracia e resolución de conflitos; equidade e non discriminación; sostenibilidade social e ambiental; patrimonio material e inmaterial; benestar e saúde. Áreas temáticas clave que movilizaron este encontro.

 

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.