Distintas integrantes do Grupo de Investigación Stellae participaron os pasados días 21, 22 e 23 de xaneiro no XIV Congreso Iberoamericano de Docencia Universitaria, celebrado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida) e organizado pola Asociación Iberoamericana de Didáctica Universitaria. Pode acceder á páxina web do congreso a través do seguinte enlace: https://cidusantiago2026.com/
Durante o xoves 22, a nosa compañeira Denébola Álvarez Seoane participou con dúas comunicacións, unha delas titulada A formación inicial do Profesorado Axudante Doutor na Universidade de Santiago de Compostela e, a segunda, O contrato de traballo en grupo como metodoloxía colaborativa aplicada ao contexto universitario.
Ese mesmo día, Pablo Gayo Pérez presentou a comunicación Docencia universitaria con perspectiva de xénero: unha experiencia de deseño e avaliación de materiais didácticos na USC, unha proposta elaborada xunto con Silvia López Gómez e Jesús Rodríguez Rodríguez.
Durante a xornada do venres 23, Ángela González Villa participou cunha comunicación titulada Novas subxectividades, novas necesidades: cidadanía e benestar na universidade, elaborada xunto con Uxía Regueira.
Finalmente, durante esa mesma mañá, Carolina Rodríguez González presentou a comunicación Estudantado universitario permanentemente conectado: do benestar ao malestar, un traballo elaborado xunto con Ana Rodríguez Groba.
Pódese acceder a estas e outras comunicacións a través do Libro de Actas publicado polo evento (https://cidusantiago2026.com/libro-de-actas/).
O Congreso CIDU 2026 supuxo un espazo en onde poder reflexionar e compartir coñecementos sobre: saúde e benestar en docentes e estudantes; desenvolvemento profesional; currículo, innovación e calidade en Educación Superior; recursos dixitais e IA; comunidades de aprendizaxe; didáctica universitaria; diversidade e inclusión; gobernanza; ética e deontoloxía docente. Áreas temáticas clave que movilizaron este encontro.


