Skip to main content

Un equipo cun obxectivo común: construír un coñecemento con potencialidade para transformar as prácticas das institucións educativas.

 

Membros

 

Lourdes Montero Mesa

Profesora Emérita da USC. Presidenta da Sección de Pedagoxía (1994); Decana Comisaria da Facultade de Ciencias da Educación (1996) e Directora do Departamento de Didáctica e Organización Escolar (1997-2005).

Cheguei á USC en xaneiro de 1984 procedente de Madrid: UCM (1972), UNED (1974). Doce anos como PNN, en minutos condición “presencial” e “a distancia”. Diso xorden dúas investigacións: “A realidade da aula vista por futuros profesores” e “Necesidades formativas do profesorado” futura teses.

A segunda metade dos oitenta, xa na USC, representa o impulso pola construción da formación e o desenvolvemento profesional do profesorado nun campo de coñecemento e investigación: tesis, dirección de tesinas e teses, publicacións, e acceso á titularidade, son algúns fitos. Consolidación, produción e proxección definen os noventa: proxectos e teses; novas liñas de investigación; aumento de publicacións; proxección exterior, e creación do Grupo de Investigación Stellae.

O XXI comeza co acceso a Cátedra e continúa pola senda do compromiso docente e investigador, asunción doutros retos polo Grupo de Investigación Stellae, participación en redes, etc. Este brevísimo relato quedaría coxo se esquecese a xestión: Presidenta da Sección de Pedagoxía (1994); Decana Comisaria da Facultade de Ciencias da Educación (1996) e directora do Departamento de Didáctica e Organización Escolar (1997-2005). Setembro de 2015 marca un novo fito: xubilación e nomeamento como profesora Emérita da USC.

Esther Martínez Piñeiro

Profesora titular do Area de MIDE dá USC, na que imparte a materia de Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación da titulación de Educación social. Presidenta da Federación de ANPAS Compostela.

Esther Martínez Piñeiro licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1990, na antigua Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación, na Sección de Pedagoxía. Defendeu a súa tese en 1999, na área de MIDE, centrada na Avaliación da Formación Ocupacional en Galicia, pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento nese curso.

Na actualidade é profesora titular da área de MIDE da USC, na que imparte a materia de Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación da titulación de Educación social, e, parcialmente, Deseños e técnicas de investigación educativa do Master en Procesos de formación. Foi Vicedecana de Coodinación do Practicum e dos Proxectos de Mellora da Calidade da Facultade de Ciencias da Educación e na actualidade compaxina a súa actividade docente e investigadora coa representación sindical. Comprometida coa defensa do ensino público, leva vencellada ao mundo das anpas desde o 2008, sendo desde 2022 presidenta da Federación de ANPAS Compostela.

Miguel Anxo Nogueira Pérez

Profesor, técnico superior en Animación Sociocultural, diplomado en Ciencias da Educación na especialidade de Mestre de Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía, Master en Avaliación e Orientación de Competencias Profesionais e Doutor en Psicopedagoxía pola USC.

É profesor, técnico superior en Animación Sociocultural, diplomado en Ciencias da Educación na especialidade de Mestre de Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía, Master en Avaliación e Orientación de Competencias Profesionais e Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde traballa coordinando a Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, ademais de impartir disciplinas relacionadas coa Análise e Diagnóstico de Realidades Socioeducativas, Orientación Educativa e a Función Titorial no ensino secundario.

O seu desenvolvemento profesional, desde os seus inicios maiormente vinculado ao ámbito universitario, xirou arredor da temática da Orientación Educativa e Profesional en todos os niveis educativos, así como o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) en e para o dito ámbito, continuando a liña investigadora iniciada no desenvolvemento da súa teses doutoral, participando ademais en numerosos proxectos de investigación nacionais e europeos relacionados coas ditas temáticas.

Tamén forma parte do Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade de Ciencias da Educación da USC desde o ano 2007, vinculando parte da súa actividade académica ao desenvolvemento do citado servizo.

Silvia López Gómez

Profesora e investigadora a xornada completa na USC (Facultade de Ciencias da Educación). Doutora e Licenciada en Pedagoxía con «Máster Oficial en Procesos de Formación» pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Silvia López Gómez é Doutora e Licenciada en Pedagoxía con «Máster Oficial en Procesos de Formación» pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especialista en «Deseño e Creación Multimedia: usabilidade e interactividade» pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC), en «Deseño, desenvolvemento e titorización de cursos en liña» pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) y en «Arte Dramática» pola USC.

Antes da súa vinculación como docente universitaria, estivo durante máis de 10 anos exercendo como pedagoga en empresas relacionadas coa tecnoloxía, o xogo e a educación, coordinando equipos de traballo e realizando labores relacionados co deseño, desenvolvemento e avaliación de videoxogos, xogos serios educativos e formativos, materiais didácticos, programas de ludificación, entre outros. Ao longo da súa carreira formou parte do equipo de desenvolvemento de decenas de recursos dixitais.

No curso 2018-19 inicia a súa etapa como docente universitaria a tempo parcial en diferentes universidades e na actualidade exerce como profesora e investigadora a xornada completa na USC (Facultade de Ciencias da Educación). Ademais de membro do Grupo de Investigación Stellae, forma parte de CAVILA (Nova Escola Galega), RUTE, RiDiVi, IARTEM e do consello de redacción da Revista Galega de Educación.

Coordinadora

Adriana Gewerc Barujel

Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Córdoba, (Arxentina). Coordina o grupo de investigación Stellae.

Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Córdoba, (Arxentina), Doutora en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Universidade pola mesma institución.

As súas liñas de investigación e docencia focalízanse, nos últimos 30 anos, no campo da tecnoloxía educativa crítica, con proxectos centrados na problemática de transferencia de tecnoloxías nas institucións educativas; as redes sociais no ensino; a competencia dixital de nenos/as e adolescentes e, nos últimos cinco anos, as relacións entre xénero e tecnoloxía.

O desenvolvemento destas liñas puiden verse nas teses doutorais dirixidas e en numerosos artigos, libros, capítulos de libros. Coordina o grupo de investigación Stellae (GI1439) Desde o ano 2016, foi ademais directora do departamento de Didáctica e organización escolar entre 2014-2017, membro do claustro universitario e vicepresidenta de RUTE (Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa) no seu período fundacional.

Fernando Fraga Varela

Mestre Especialista en Educación Musical no ano 1998. Profesor contratado doutor na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.

Mestre Especialista en Educación Musical no ano 1998 exerceu 23 anos asumindo titoría, funcións de asesoramento e coordinación Abalar. Paralelamente, entre os anos 2001 e 2003 realizou na USC a Licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, obtén o DEA cun Traballo de Investigación Tutelado que indaga acerca das crenzas sobre tecnoloxía polo profesorado que se encontra en formación inicial. Esta situación senta as bases da súa tesis doutoral, defendida no ano 2014.

Iníciase na docencia universitaria entre os anos 2007 e 2009 na Facultade de Formación de Profesorado, retomando no ano 2014 e a partir de aí de forma ininterrompida ata a actualidade na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.

No ano 2021 accede por concurso a unha praza de Contratado Doutor o que lle leva, por incompatibilidade, a abandonar a docencia en Educación Primaria. Membro do Grupo de Investigación Stellae. Investiga principalmente sobre a Tecnoloxía educativa en ámbitos específicos como a formación de profesorado, a súa integración contornos escolares ou no espacio das crenzas e o coñecemento profesional. Participa en distintos proxectos de I+D tanto nacionais como internacionais.

Raúl Eirín Nemiña

Diplomado en Profesorado de EGB, Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Asesor nas estruturas de formación do profesorado en exercicio da administración educativa (CFR).

Diplomado en Profesorado de EGB, Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Mi experiencia profesional comeza no corpo de profesores de EGB, como especialista en Educación Física, no que durante dez anos desempeño mi labor docente no ensino primario e secundario obrigatorio. Desde o ano 2000 exerzo o labor de asesor nas estruturas de formación do profesorado en exercicio da administración educativa (CFR).

Colaboración en varios proxectos escolares europeos relacionados coa introdución das TIC, as relacións entre escola e comunidade, e a formación de profesores en servizo. Feijóo en varios congresos nacionais e internacionais relacionados coa didáctica da educación física. Mes intereses e publicacións oriétanse cara ó desenvolvemento profesional dos profesores, especialmente de educación física e, en xeral, cara ós procesos de mellora e innovación na escola.

Rebeca García Murias

Profesora Axudante Doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Área MIDE, da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Diplomada en Maxisterio Lingua Extranxeira, Licenciada en Psicopedagoxía e Doctora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (2014). Profesora interina no departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE), USC (2009-2015).

Investigadora postdoutoral (2015-2017) e persoal docente e investigador (2017-2022) na University of Applied Labour Studies of the Federal Employment Agency (HdBA), Alemaña. Membro en redes e asociacións de investigación nun contexto nacional e internacional: RIPO, AEOP, AIDIPE, IAEVG, NICE, ECADOC, Euroguidance e ENIS. Revisora de artigos en revistas de investigación (REOP, RIE…).

Participou en variedade de proxectos de investigación competitivos a nivel nacional e internacional e en numerosos encontros e congresos mediante diversas contribucións. A súa producción científica contempla publicacións de diversa índole sendo as súas principais liñas de investigación: orientación e asesoramento académico-profesional; orientación para a carreira; mobilidade internacional e perspectivas de investigación para a aprendizaxe e orientación ao longo da vida.

Actualmente desempeña a súa función investigadora e docente como Profesora Axudante Doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Área MIDE, da Universidade de Santiago de Compostela.

Denébola Álvarez Seoane

Profesora Axudante Doutora na Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Didáctica Comunitaria.

Mestra especialista en Educación Física (2007) pola UDC, completou a súa formación coa Licenciatura en Pedagoxía (2009) pola USC (Premio Fin de Carreira). Durante o último ano disfrutou dunha Bolsa de Colaboración (2009) do Ministerio de Educación para iniciarse na investigación que desenvolveu vinculada ao Museo Pedagóxico de Galicia. Especialízase no Máster Universitario en Procesos de Formación (2010, USC). Recibe unha Bolsa de Investigación da Deputación da Coruña (2011) e, posteriormente, obtén un contrato de investigación predoutoral (2011-2014) vinculado á liña de axudas do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (Plan I2C). Realiza dúas estancias de investigación internacional: no Núcleo de Pesquisa em Publicaçôes Didáticas da Universidade Federal do Paraná (2012 – Curitiba, Brasil) e na Faculty of Education and Welfare Studies de Åbo Akademi University (2014 – Vaasa, Finlandia).

En 2019 culmina a tese “Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados con apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña” con Sobresainte Cum Laude e Mención Internacional. Entre 2011 e a actualidade participa en varios proxectos de investigación con financiación nancional e internacional sobre o libro de texto dixital, materiais didácticos e boas prácticas en educación. Forma parte de varias redes de investigación e profesionalización: Stellae, Cavila (NEG), IARTEM, REUNI+D e RINEF-CISOC. Exerceu como docente, técnica de recursos humanos, divulgadora científica, asesora de formación e redactora de propostas didácticas. Dende 2024 é Profesora Axudante Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (área de DOE) na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Jesús Rodríguez Rodríguez

Profesor Titular do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Universidade de Santiago de Compostela). O seu campo de traballo preferente céntrase nos materiais e recursos didácticos en diferentes formatos.

Mestre e pedagogo e na actualidade desempeña a súa función docente como Profesor Titular do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Universidade de Santiago de Compostela). Imparte docencia nas materias de Deseño e Avaliación e elaboración de Materiais Didácticos e Experiencias e Recursos en Educación Social.

É Doutor en Ciencias da Educación coa Tese “Os materiais curriculares impresos e a Reforma Educativa en Galicia”, coa que obtivo un dos Premios Nacionais de Investigación Educativa na convocatoria 2000-2002.

O seu campo de traballo preferente céntrase nos materiais e recursos didácticos en diferentes formatos. As súas publicacións, cursos, conferencias, actividades de formación, así como os proxectos de investigación que dirixe e dos que forma parte inscríbense neste campo. Forma parte de Ribeter (Rede Iberoamericana de Educación en Territorios Rurais) e da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural. Miembro de la organización de las jornadas intergeneracionales rurales (http://cabreiros.es/). É membro do Movemento de Renovación Pedagóxica NEG de RUTE e REUNID, foi Director da Revista Galega de Educación e Membro do Grupo Cavila (Grupo de materiais educativos-NEG).

No ano 2015 foi nomeado Colexiado de Honra polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Foi presidente da IARTEM (www.iartem.org) (2016-2019) (International Association for Research on Textbooks and Educational Media).

Eulogio Pernas Morado

Profesor Titular de Escola Universitaria do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Didáctica e Organización Escolar) da USC. Mestre e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación no ano 1991.

É mestre e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación no ano 1991. Actualmente é Profesor Titular de Escola Universitaria do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Didáctica e Organización Escolar) da USC. Imparte, na Facultade de Ciencias da Educación da USC, a disciplina de “Escola, comunidade e TIC” (no Grao de Mestre en Educación Primaria) e “Procesos de Mellora e usos das TIC” (no Grao de Mestre en Educación Infantil). Impartiu tamén outras materias, como: “Intervención con medios de comunicación social” na titulación de pedagoxía e “medios e recursos didácticos” na de psicopedagoxía.

É director da revista Innovación Educativa, editada conxuntamente pola Área de Didáctica e Organización Escolar e o ICE, e publicada polo Servizo de publicacións e intercambio científico da USC. Autor de diversos artigos e traballos arredor de temas relacionados coa tecnoloxía en educación, contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e medios e recursos didácticos.

Participa activamente nas investigacións que o Grupo de Investigación Stellae leva a cabo en diferentes ámbitos, colaborando en proxectos de investigación a nivel nacional e internacional.

Esther Vila Couñago

Profesora contratada doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Didáctica e Organización Escolar), na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

É Licenciada en Pedagoxía e Doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi profesora na Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da USC e na Área de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Vigo.

Tamén desenvolveu o seu labor profesional como especialista en métodos didácticos e pedagóxicos nunha empresa de formación para o emprego. Actualmente é profesora contratada doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Didáctica e Organización Escolar), na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Ao longo dos últimos anos, vén responsabilizándose de materias relacionadas coa organización dos centros educativos (Grao en Pedagoxía) e a organización da aula (Grao en Mestre/a de Educación Infantil).

Ten participado en proxectos de investigación sobre servizos de orientación profesional, calidade dos centros docentes, tempos escolares e sociais da infancia, competencia na linguaxe escrita e competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria.

José Pablo Franco López

Profesor Axudante Doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC na área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación.

Diplomado en Educación Física e Educación Infantil; Licenciado en Psicopedagoxía; Máster en Procesos Formativos. Tese de doutoramento: “O xogo de construción con bloques en nenos e nenas de 2 a 3 anos: estudo descritivo da calidade de contextos, procesos e resultados” (Universidade de Santiago de Compostela (USC)).

Comezou a súa andaina profesional como director da galescola Pantón, e posteriormente no Equipo de Atención Educativa (Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), desempeñando funcións de asesoramento, coordinación, dinamización educativa e formación do persoal nas escolas infantís de 0-3 anos en Galicia. Exerceu como Profesor Interino no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

Actualmente é Profesor Axudante Doutor de devandito departamento na área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación. A súa principal liña de investigación céntrase na Educación Infantil, especialmente no grupo de 0-3 anos. Participou en proxectos de I+D+i financiados en convocatorias nacionais relacionados cos Materiais Didácticos Dixitais.

Publicou en revistas, participou en congresos nacionais e internacionais e foi relator en cursos de formación sobre Educación Infantil. É revisor de varias revistas científicas e membro do consello de redacción de Galicia da revista in-fan-cia.

Elena Fernández Rey

Mestra e pedagoga pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora Titular na área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE).

Mestra e pedagoga pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Defendeu a súa Tese Doutoral en 1998 enfocada no desenvolvemento da creatividade en alumnado con necesidades educativas especiais. Profesora Titular na área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC. Imparte docencia en materias relacionadas con Orientación e Diagnóstico.

Vicedecana de Organización Académica na Facultade de Ciencias da Educación da USC (2006-2014) e Coordinadora do Máster Universitario en Procesos de Formación (2018-2022). Editora Jefa da Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía (REOP). Membro da Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica (AIDIPE), da Asociación Española de Orientación e Psicopedagoxía (AEOP), da Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO) e da Rede Europea NICE (Network for Innovation in Career Guidance and Counselling in Europe).

As súas principais liñas de investigación céntranse na orientación ao longo da vida a través da participación en proxectos nacionais e internacionais, cursos e congresos e de publicacións en temas como o desenvolvemento de competencias de xestión da carreira, a formación dos profesionais da orientación, as TIC en orientación ou a titoría.

Cristina Ceinos Sanz

Diplomada en Educación Social e Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora Contratada Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (USC).

Cristina Ceinos Sanz é Diplomada en Educación Social e Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Realizou os estudos de doutoramento no Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) e culminou a súa tese doutoral en 2008, centrada no uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) por orientadores laborais.

Conta con formación especializada, concretamente, un Máster en Orientación Profesional e outro en Avaliación e Orientación de Competencias Profesionais. Dende 2016 é Profesora Contratada Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (USC) e responsable da docencia en materias do Grao en Educación Social e Pedagoxía e no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

Destaca a súa experiencia na coordinación de grupos de estudantes ao exercer a coordinación do Grao en Educación Social (2016-2020) e a coordinación académica do Programa de Intercambios por Convenio Bilateral (2012-2020) e Programa Erasmus (curso 2009-2010/ actualidade) na Facultade de Ciencias da Educación. Posúe experiencia en proxectos e redes de investigación nacionais e internacionais centradas en orientación, TIC e capacitación de orientadores/as, contando con publicacións e múltiples contribucións a Congresos Nacionais e Internacionais sobre as temáticas mencionadas.

Ana Rodríguez Groba

Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da área de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, Santiago.

Licenciada en Pedagoxía (2011) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Premio Fin de Carrera da Xunta de Galicia). Completou a súa formación con Psicopedagoxía (2013) e co Máster Universitario en Procesos de Formación (2013). Tras un ano de axudante de investigación (2012), obtivo un Contrato de Formación de Profesorado Universitario (FPU 2013). En 2019 presentou a tese “Ensino con redes sociais e aprendizaxe autorregulado. Un estudo de caso na universidade”, coa que obtivo o premio Fin de Doutoramento da USC e o 1º premio RUTE á Mellor Tese Doutoral en Tecnoloxía Educativa.

Realizou estadías de investigación na Universidade de Oulu (Finlandia), no Instituto de Tecnoloxía e Didáctica de Xénova (Italia) e no Departamento de Investigacións Educativas (CINVESTAV, México).

Participa en proxectos de carácter nacional e europeo que teñen principalmente como eixo a tecnoloxía e/ou a didáctica.  Dende o 2020 é profesora Axudante Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da área de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, Santiago.  

Ana Couce Santalla

Titulada pola Universidade de Santiago (USC) como diplomada en Ciencias da Educación na especialidade de Mestra de Educación Primaria e licenciada en Psicopedagoxía. Profesora asociada LOU na Universidade de Santiago

Titulada pola Universidade de Santiago (USC) como diplomada en Ciencias da Educación na especialidade de Mestra de Educación Primaria e licenciada en Psicopedagoxía. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) da devandita universidade e a realización dos másteres en: Organización de Servizos de Orientación e Avaliación e Orientación de Competencias Profesionais.

Na actualidade é profesora asociada LOU na Universidade de Santiago, compatibilizando esta actividade profesional, coa actividade desenvolvida nun centro privado concertado, que oferta niveis nas etapas educativas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, como orientadora e profesora.

As súas principais liñas de investigación centráronse na acción titorial e a orientación académica e profesional nas diferentes etapas educativas, así como a orientación ó longo da vida, e, a atención á diversidade. Ten experiencia como investigadora en diversos proxectos nacionais e europeos e publicacións e achegas a congresos.

Colaboradores externos

 

Mª Helena Zapico Barbeito

Profesora Contratada Doutora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (Primeiro Premio Fin de Carreira do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia). Completou a súa formación cunha Diplomatura en Educación Social e un Mestrado en Xerontoloxía Social. Comezou a súa carreira docente e investigadora na USC, gozando dunha bolsa e contrato FPU (Ministerio de Educación).

Doutora en Pedagoxía pola USC (2012), obtendo o Premio Extraordinario de Doutoramento. En 2009 incorpórase á área de Teoría e Historia da Educación da Universidade da Coruña, onde na actualidade é profesora permanente. Durante varios anos desempeñou o cargo de Vicedecana de Ordenación Académica da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. As súas investigacións e publicacións xiran ao redor das seguintes áreas principais: deseño e avaliación de materiais didácticos; desenvolvemento profesional docente; relacións interxeracionais; procesos de innovación educativa baseados nas TIC, e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

Ten participado en múltiples proxectos de investigación autonómicos, estatais e internacionais, así como en innumerables cursos, congresos e eventos científicos. Realizou diferentes estadías de investigación predoutoral en centros nacionais e internacionais, así como dúas recentes estadías posdoutorais na Åbo Akademi University (Finlandia) e a Università degli Studi dei Firenze (Italia).

Antía Cores Torres

Graduada en Educación Primaria con mención en Educación Musical (2016) na Universidade de Santiago de Compostela. Mestra de Educación Primaria e Educación Musical da Xunta de Galicia.

Graduada en Educación Primaria con mención en Educación Musical (2016) na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación realizando o Máster en Procesos de Formación, finalizando esta etapa cun Traballo Fin de Máster sobre a avaliación de materiais musicais publicados en lingua galega dende a óptica da normalización lingüística e cultural.

Gozou dunha Beca de Colaboración do Ministerio de Educación no departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da USC no curso 2015-2016, organizando experiencias de aprendizaxe-servizo relacionadas coa Educación Musical. No período comprendido entre 2017 e 2020 estivo contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU 2016). No ano 2023 presentou a tese de doutoramento titulada “Os materiais didácticos musicais en Educación Primaria. Un estudo sobre a percepción dos docentes especialistas en Educación Musical en Galicia”, cualificada cun sobresaínte cum laude.

A súa formación compleméntase coa asistencia e participación en congresos, xornadas, cursos, seminarios e proxectos que teñen como obxectivo o estudo dos materiais didácticos nos distintos niveis educativos. Dende setembro de 2020 é mestra de Educación Primaria e Educación Musical da Xunta de Galicia.

Virginia Rodés Paragarino

Investigadora asociada do Instituto do Futuro da Educación Europa (IFE Europe). Membro do Nodo Rexional LATAM de Open Education Global, da Comunidade Latinoamericana de Obxectos e Tecnoloxías para a Aprendizaxe (LACLO) e da Rede Global de Graduados en REA (GO-GN).

Profesora Investigadora do Instituto do Futuro da Educación Europa (IFE Europe). Obtivo o seu doutoramento en Equidade e Innovación en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, centrándose na descolonización dos marcos de educación dixital aberta.

Foi titular da Cátedra UNESCO de Educación Aberta e coordinadora do Programa de Contornos Virtuais de Aprendizaxe e do Centro Interdisciplinario de Recursos Educativos Abertos e Accesibles da Universidade da República, Uruguai, e realizou importantes contribucións á educación aberta e inclusiva en América Latina.

Fundou o capítulo uruguaio de Creative Commons e é membro do Nodo Rexional LATAM de Open Education Global, da Comunidade Latinoamericana de Obxectos e Tecnoloxías para a Aprendizaxe (LACLO) e da Rede Global de Graduados en REA (GO-GN). A súa participación nestas destacadas redes pon de relevo o seu papel no avance da educación dixital aberta global, facendo fincapé no acceso equitativo á aprendizaxe permanente para todos.

Almudena Alonso Ferreiro

Profesora Contratada Doutora na Universidade de Vigo en materias vinculadas á Tecnoloxía Educativa.

Diplomada en Maxisterio Especialidade Educación Infantil (Premio Fin de Carreira) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciada en Psicopedagoxía, na mesma universidade, onde obtén unha bolsa de colaboración para iniciarse na investigación (2009).

A partir de aí realiza un Mestrado en Procesos de formación que lle dá acceso ao doutoramento e onde obtén un Contrato Predoutoral FPU (2012-2015) e dúas axudas para estancias internacionais.En 2016 culmina o “Doutoramento en Deseño e Innovación na Formación” con Sobresaínte Cum Laude e Mención Internacional, así como logra co seu traballo o Primeiro Premio RUTE á Mellor Tese Doutoral en Tecnoloxía Educativa e o Premio Extraordinario de Doutoramento da rama de Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade é Profesora Contratada Doutora na Universidade de Vigo en materias vinculadas á Tecnoloxía Eductativa, tanto en materias de Grao coma de Mestrado. Forma parta das redes REUNI+D (Red Universitaria de Investigación e Innovación Educativa); RINEF-CISOC (Red de investigación en Educación y Formación para la Ciudadanía y la Sociedad del Conocimiento) y Tel-Galicia (e-elearning Galicia).

Nerea Rodríguez Regueira

Mestra especialista en Educación Infantil pola Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo CEU de Vigo (2010). Mestra de Educación Infantil nun centro público de Vigo (Galicia).

Mestra especializada en Educación Infantil pola Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo CEU de Vigo (2010). Licenciada en Psicopedagoxía (2012), Máster Universitario en Procesos de Formación; Tese doutoral “O libro de texto dixital a análise. Un estudo descritivo e interpretativo das súas características” (Interuniversitario USC, UVIGO, UDC, UC e Universidade de Oviedo).

Na actualidade traballa como mestra de Educación Infantil nun centro público de Vigo (Galicia). Participa como formadora nos cursos en liña do Plan de Formación Permanente do Profesorado Galego. Ao longo da súa traxectoria investigadora participou en proxectos de I+D+i financiados en convocatorias nacionais relacionados cos Materiais Didácticos Dixitais, así como en xornadas, seminarios e congresos con temáticas relacionadas cos materiais escolares e a tecnoloxía educativa. É revisora en varias revistas científicas.

Entre os seus méritos cómpre destacar a obtención do premio á Mellor Comunicación Oral Pre-doutoral no XVI Congreso Nacional e VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía (Madrid, 2016), e o primeiro posto no V Premio á Mellor Tese Doutoral Española no ámbito da Tecnoloxía Educativa outorgado por RUTE.

Leizer Fernándes Moraes

Profesor de Educación Básica, Técnica e Tecnolóxica en IFG e desde 2018 está acreditado como avaliador Ad-hoc de Cursos de Pregrado en Brasil no Instituto Nacional de Estudos e Investigacións Educativas Anísio Teixeira

Graduado en Tecnoloxía Informática con Cualificación en Sistemas de Información polo Instituto Federal de Educación, Ciencia e Tecnoloxía de Goiás (IFG) – Brasil (2004/2008). Máster en Educación para a Ciencia e as Matemáticas polo IFG (2012/2015), con énfase na investigación en Tecnoloxías Educativas e Redes Sociais.

Doutor en Educación na Universidade de Santiago de Compostela (USC) – A Coruña / España, cun enfoque de investigación sobre o uso das redes sociais nos procesos de ensino e aprendizaxe dentro da educación profesional e tecnolóxica brasileña.

Traballa desde 2010 como Profesor de Educación Básica, Técnica e Tecnolóxica en IFG e desde 2018 está acreditado como avaliador Ad-hoc de Cursos de Pregrao en Brasil no Instituto Nacional de Estudos e Investigacións Educativas Anísio Teixeira – INEP. Está interesado en investigacións e proxectos no eido das Tecnoloxías Educativas, especialmente sobre redes sociais e innovacións en educación.

Abraham Bernárdez Gómez

Doutor en Educación pola Universidade de Murcia, desenvolveu a súa actividade como investigador predoctoral desde 2018 ata o ano 2022 no Dpto. de Didáctica e Organización Escolar da mesma universidade.

Mestre de Educación Primaria (2014) pola Universidade de Santiago de Compostela, continúa a súa formación co Máster en Procesos de Formación (2015) e o Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (2017), ambos pola Universidade de Santiago de Compostela.

Doutor en Educación pola Universidade de Murcia, desenvolveu a súa actividade como investigador predoutoral dende 2018 ata 2022 no Departamento de Didáctica e Ordenación Escolar da mesma universidade.

Os seus principais temas de investigación céntranse na exclusión socioeducativa, o abandono escolar, o estudo das traxectorias educativas dos alumnos e o desenvolvemento profesional do profesorado, entre outros.

En 2022 obtén un contrato de investigador posdoutoral vinculado ao GI Stellae e regresa á Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2023 traballa como Profesor Axudante no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo

Uxía Fernández Regueira

Doutor en Educación pola Universidade de Murcia, desenvolveu a súa actividade como investigador predoctoral desde 2018 ata o ano 2022 no Dpto. de Didáctica e Organización Escolar da mesma universidade.

Graduada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2014/2018). Completou a súa formación co Máster en Procesos de Formación durante o curso 2018/2019. Dra en Pedagoxía en 2024.

Tras un ano de axudante de investigación na Rede TELGalicia, enfocada na investigación sobre a innovación educativa con tecnoloxías da información e a comunicación (TIC); a súa tese doutoral, desenvolveuse no marco do Programa de Equidade e Innovación Educativa na Universade de Santiago de Compostela, está enfocada na apropiación tecnolóxica e a construción da identidade das e os adolescentes en contornas dixitais, desde unha perspectiva de xénero.

Boris Vázquez Calvo

Doutor en Ciencias da Linguaxe (aprendizaxe de linguas) pola Universitat Pompeu Fabra. É investigador principal do proxecto DEFINERS: Dixital language learning of junior language teachers.

Boris Vázquez Calvo é doutor en Ciencias da Linguaxe (aprendizaxe de linguas) pola Universitat Pompeu Fabra. Desde 2017 está vencellado a Stellae en diversos proxectos posdoutorais e de investigación.

Posúe cunha ampla traxectoria internacional con estadías en Brasil, Dinamarca, Suecia, Reino Unido, Xapón ou Portugal. É investigador principal do proxecto DEFINERS: Digital language learning of junior language teachers co que, xunto a un solvente grupo de investigadores internacionais, explora a influencia das tecnoloxías dixitais nas identidades dos docentes de linguas en formación e as súas prácticas de ensino e aprendizaxe mediadas por tecnoloxías.

Participa e publica en conferencias e revistas internacionais. O seu perfil é accesíbel en Google Scholar e ResearchGate.

Persoal Investigador en Formación

 

Ángela González Villa

Graduada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Graduada en Pedagogía (2019) por la Universidade de Santiago de Compostela (2021/2022) obteniendo los reconocimientos: Premio Fin de Carrera por la Xunta de Galicia y Premio Fin de Grao por la Facultad de Ciencias de la Educación y el Premio de Excelencia académica de Grado en el curso 2017/2018 por la Xunta de Galicia. Completó su formación con el Máster Universitario en Procesos de Formación (2019/2020) obteniendo el Premio Fin de Máster de la Facultad de Ciencias de la Educación.

Su trayectoria en la investigación comenzó con una beca de colaboración (2018/2019) en el Departamento de Pedagogía y Didáctica, en el marco del proyecto CDEPI «Competencia digital en estudiantes de educación obligatoria. Entornos sociofamiliares, procesos de apropiación y propuestas de e-inclusión«.

En la actualidad, es contratada por el Ministerio Universidades a través del programa de Formación del Profesorado Universitario (FPU19), por lo que está desarrollando su actividad investigadora en el grupo y realizando su tesis doctoral sobre la subjetividad adolescente en prácticas de exposición en Instagram y TikTok.

Pablo Gayo Pérez

Graduado como Mestre en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022.

Graduado como Mestre en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022.

Completou a súa formación na Universidade da Coruña realizando o mestrado en Psicopedagoxía (2023), etapa na que gozou dunha bolsa de colaboración no departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.

Na actualidade goza dunha axuda á etapa predoutoral concedida pola Xunta de Galicia, coa que desenvolve a súa actividade investigadora dentro do grupo, e continúa a súa formación no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación a través da realización da súa tese doutoral sobre a percepción dos docentes de Educación Secundaria en relación aos Materiais Didácticos empregados co alumnado diagnosticado con TEA.

Tania Caamaño Liñares

Graduada en Educación primaria na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña e titulada en Música Profesional especialidade en canto Clásico polo Conservatorio Profesional da Coruña.

Graduada en Educación primaria con mención en Educación Especial (2016) na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña e titulada en Música Profesional especialidade en canto Clásico polo Conservatorio Profesional da Coruña (2018).

Levou a cabo o Máster en Psicopedagoxía a través da Universidade Internacional de La Rioja (UNIR) compatibilizándoo coa docencia como mestra de Audición e Linguaxe e coa súa carreira musical. Actualmente desfruta dunha axuda á etapa predoctoral concedida pola Xunta de Galicia, coa que desenvolve a súa actividade investigadora dentro do grupo e realiza a súa teses sobre música e atención a diversidade.

Carolina Rodríguez González

Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela.

Carolina Rodríguez González é graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela.

Realizou o Máster Oficial de Prevención en Drogodependencias e outras Condutas Adictivas da Universidade Internacional de Valencia e actualmente realiza a súa tese doutoral dentro do programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación. 

Foi durante varios anos voluntaria na Asociación Érguete Baixo Miño, unha entidade dedicada á prevención das condutas adictivas, a educación e a promoción para a saúde. Ademais, participou no deseño e implementación de proxectos de prevención dirixido á poboación nova adulta, que abordaban a ludopatía e a redución de riscos.

Ana Rodríguez Guimeráns

Graduada como Mestra en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela.

Graduada como Mestra de Educación infantil pola universidade de Santiago de Compostela no ano 2020. Completou os seus estudos na Universidade de Vigo (Campus de Ourense) onde realizou o seu mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos (2021).

Durante ese mesmo ano, disfrutou dunha bolsa de colaboración no departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación na Universidade de Vigo.

Posteriormente comezou os seus estudos de doutoramento tras a obtención dunha bolsa de Formación do Profesorado Universitario (FPU20) no programa de Equidade e Innovación en Educación na USC.

Actualmente continúa a súa formación en investigación coa realización da súa tese de doutoramento sobre o uso dos Materiais Didácticos empregados co alumnado con TEA escolarizado nas aulas de Educación Infantil.

Inés Ramos Trasar

Graduada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Graduada en Pedagogía por la Universidade de Santiago de Compostela (2021/2022) obteniendo el reconocimiento: Premio Extraordinario de Fin de Grado de la Facultad de Ciencias de la Educación (USC) en el curso 2021/2022.

Completó su formación con el Máster Universitario en Procesos de Formación (2022/2023) obteniendo el segundo premio en los III Premios a Traballos Fin de Máster en Educación 2022/2023. Su trayectoria en la investigación comenzó con una beca de colaboración (2021/2022) en el Departamento de Pedagogía y Didáctica, en el marco del proyecto EDIGA (Entornos Digitales e Identidades de Género en Adolescencia).

En la actualidad, está contratada por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades a través del programa de Formación del Profesorado Universitario (FPU22/03255), por lo que está desarrollando su actividad investigadora en diversos proyectos dentro del grupo y realizando su tesis doctoral: “Análisis del proceso de construcción de prácticas de género de jóvenes influencers en entornos “Onlife”. Un estudio cualitativo en España”.

Becarios/as de colaboración

 

Isabel Fernández

María Gómez Rodríguez

Fernando González Bao

Iria Vilar San José

Ainhoa Castelo Vieites

Uxía Fernández Regueira

Inés Ramos Trasar

Alba González Álvarez

Persoal investigador visitante

 

Joel Armando

(Universidad Nacional de Córdoba. Argentina)

Cerapio Quintanilla Cóndor

(Universidad Nacional de Huancavelica. Perú)

Francisco Antonio Velasco Hernández

(Universidad Autónoma de Chiapas. México)

Teresa Vélez

(Universidad de Aguascalientes. México)

Alberto Picón

(Administración Nacional de Educación Pública de Uruguay)

Shirley Gamboa

(Universidad Autónoma Juan Misael Saracho. Bolivia)

Regina Motz

(Universidad de la República)

Donatella Persico

(Institute for Educational Technology of the Italian National Research Council, CNR-ITD)

Genutė Gedvilienė

(Vytautas Magnus University)

Diana Suelves

(Universidad de Valencia)

Tania María Braga García

(Universidade Federal do Paraná)

Clara Isabel Fernández Rodicio

(Universidade de Vigo)

Mayra Álvarez León

Universidad Autónoma de Chapingo (México)

Osvaldo Rodríguez Junior

(Universidade Fedeal de Mato Grosso (Brasil)

Estancias de investigación predoctorais

 

Nicolás Cendrero Ramos

(Universidad de Extremadura)

Manuel Larrosa

(Universidad de la República- Uruguay)

Ada Czerwonogora

(Universidad de la República- Uruguay)

Carmen Mejía Solano

(Escuela de Postgrado UTP- Ministerio de Medio Ambiente-Perú)

Profesores visitantes

 

Luis Tójar

(Universidad de Málaga)

Julián López Yáñez

(Universidad de Sevilla)

Daniel Saur Moyano

(Universidad Nacional de Córdoba. Argentina)

Miguel Vicente Mariño

(Universidad de Valladolid)

Stephen Downes

(National Research council of Canada)

Jordi Adell Segura

(Universitat de Valencia)

Grainne Conole

(University of Leicester)

Carlos Delgado Kloos

(Universidad Carlos III de Madrid)

Martín Llamas Mistal

(Universidad de Vigo)

Mercedes Rey Fandiño

(Universidad de Vigo)

David Álvarez Jiménez

(Universidad de Granada)

Elisenda Adervol

(Universidad Oberta de Cataluña)

Andrea Torrano

(Universidad Nacional de Córdoba-Argentina)

Óscar Luís Grazier

(Universidad Nacional de General Sarmiento, Universidad Nacional de Luján y Universidad Pedagógica Nacional de Argentina)

Aquilina Fueyo

(Universidad de Oviedo)

Isaac Marrero Guillamón

(Universidad de Barcelona)

Paula Sibilia

(Universidad Federal Fluminense – UFF-Brasil)

Nicolás Martínez Valcárcel

(Universidad de Murcia)

Profesores invitados

 

Tony Bates

Universidad de la Columbia Británica (Vancouver-Canadá)
Año 2006

Roland Bamet

Institute of education (London)
Año 2009

Imanol Ordorika

Universidad autónoma de México.
Año 2009

Xurxo Torres

Universidade da Coruña.
Año 2009

Helen Barret

Profesora emérita de la Universidad de Alaska
Año 2009

Ivor Goodson

University of Brighton
Año 2010

Alicia de Alba

Universidad Autónoma de México
Año 2010

Inés Dussel

Departamento de Investigaciones Educativas del CINVESTAV-IPN, México
Año 2018
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.