As nosas liñas de investigación…

Tecnoloxía Educativa
- Integración das tecnoloxías nas institucións educativas.
- Competencia dixital. Redes sociais no ensino, e-learning e aprendizaxe autorregulada.
- Repositorios dixitais de materiais para o ensino. Recursos Educativos Abertos (REA).
- Pensamento computacional e aprendizaxe da programación.
- Learning analytics.
- Recursos educativos e materiais didácticos en diversos contextos institucionais: escolares, municipais, etc. e para diversos niveis: infantil, primaria, secundaria, universidade, persoas maiores.
- Videoxogos no ensino: xogos serios e gamificación. Smart cities e traballo comunitario.
- Libros de texto (analóxicos e dixitais).
Formación e desenvolvemento profesional do profesorado de diferentes niveis educativos
- A etapa de iniciación e o desenvolvemento profesional do profesorado novel.
- Análise de necesidades de formación. A preparación dos profesores/as para contextos multiculturais.
- Reformas educativas, formación e profesionalización docente.
- Didáctica universitaria.
- Desenvolvemento profesional e novas tecnoloxías.
- Formación e desenvolvemento profesional do profesorado de educación física e o deporte.
- Crenzas e coñecemento profesional do profesorado.
- O papel do mestre ou mestra durante o xogo e o emprego de modelos pedagóxicos na organización e xestión das aulas de infantil.
- Observación e análise de prácticas educativas de calidade no primeiro e segundo ciclo de educación infantil. A formación do profesorado de educación infantil do primeiro e segundo ciclo.
Inclusión socioeducativa e contextos rurais
- Brecha dixital. Brecha dixital de xénero.
- Identidade de xénero e contornos dixitais.
- Abandono escolar e inclusión socioeducativa. Intervención orientadora para a atención á diversidade educativa e socio-profesional.
- Estratexias e recursos educativos para a inclusión educativa.
Diagnóstico e orientación para a carreira
- Avaliación e Orientación Educativa e Profesional.
- Análise de necesidades orientadoras.
- Desenvolvemento e avaliación de competencias de xestión da carreira.
- Intervención orientadora e titorial.
- Avaliación de servizos e programas de orientación.
- Deseño e avaliación de recursos e materiais para a orientación da carreira. E-orientación.
- Desenvolvemento profesional de orientadores/as.
Investigamos cun obxectivo común: construír un coñecemento con potencialidade para transformar as prácticas das institucións educativas na dirección da mellora dos seus procesos de ensino, aprendizaxe, formación e desenvolvemento dos seus profesionais.