Os membros do Grupo de Investigación Stellae Ana Rodríguez Guimeráns, Tania Caamaño Liñares e Pablo Gayo Pérez participaron na obra “Comunidad inclusiva: más red socioeducativa y menos escuela aislada” publicado pola editorial Octaedro. As autorías elaboraron o capítulo “Explorando el impacto de las TIC en la Educación Infantil: estrategias para la equidad y colaboración entre profesorado y familia”. O libro recolle experiencias e reflexións de profesionais que traballan dende diferentes espazos socioeducativos coa vontade de avanzar cara a comunidades máis inclusivas, onde o traballo en rede e a corresponsabilidade se convertan nos fundamentos para unha verdadeira transformación social.
Así mesmo, Pablo Gayo Pérez e Ana Rodríguez Guimeráns, publicaron xunto á compañeira da UDC Natalia Cea Rodríguez o capítulo “La mercantilización de la educación en la legislación educativa española” no libro “Voces y espacios desde la pedagogía crítica e inclusiva para la renovación pedagógica”, editado por Octaedro e dispoñible en acceso aberto. Unha obra colectiva que convida a repensar a educación como ferramenta de transformación social, desde unha perspectiva crítica, inclusiva e comprometida coa xustiza social. Na súa aportación analizan como as políticas educativas foron incorporando unha lóxica de mercado que pon en risco os principios de equidade e o dereito universal á educación.
O libro aborda temas centrais como a alfabetización multimodal crítica, a coeducación, a memoria democrática, as metodoloxías transformadoras ou o desenvolvemento sostible. Todo cun obxectivo claro: imaxinar outra educación posible, humanista, democrática e emancipadora.
Pódese descargar de forma gratuíta a través da seguinte ligazón: https://octaedro.com/libro/voces-y-espacios-desde-la-pedagogia-critica-e-inclusiva-para-la-renovacion-pedagogica/?fbclid=IwY2xjawM_OoVleHRuA2FlbQIxMQABHuPrHHoz5sATBsW6UO6j6OhNHIybaKc0HUnutgxVTGxLbcaOwjfQ7iceTQ7j_aem_LQAu7_ENS2C_f_TCA9GfQg


