O pasado día 8 de febreiro reuníronse en Friol os investigadores predoutorais do grupo Ana Rodríguez Guimeráns e Pablo Gayo Pérez, que están a realizar as súas teses de doutoramento no ámbito dos materiais didácticos e o Trastorno do Espectro Autista (TEA), xunto ao seu director de tese e membro do grupo de investigación Jesús Rodríguez Rodríguez, para abordar a situación destas temáticas. Nese mesmo encontro participaron os doutores Marcos Pinaque e Montserrat Castro.
Este encontro produciuse no marco das Xornadas de cine de Friol onde se proxectou o documental “Paxaros de algodón”, e posteriormente Pablo Gayo abordou o concepto do TEA, Ana Rodríguez Guimeráns os mitos e realidades desta condición e Marcos Pinaque a súa realidade nas aulas. Ao mesmo tempo, resulta interesante que o día anterior se presentase o proxecto do Centro integral para persoas con TEA que se construirá no concello lucense.
Desta xuntanza agárdase que saían diversas iniciativas que poñan de relevo a investigación que se está a realizar dende o grupo e no contexto galego.

